PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 21 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS REMATARÁN COS ENCHUFISMOS DO PARTIDO POPULAR




·        “Militar no Partido Popular non da dereito a traballar no Concello”, manifestou González Casares, que culpou directamente a Crespo de ser o responsable deste tipo de prácticas caciquís.
·        O socialista asegurou que acabaría cos enchufismos do PP activado opocicións coa participación de todos os grupos políticos e coa posta en marcha de listaxes de contratación, entre outras medidas.

 O enchufismo, a venda de favores e os amaños son comúns nas xestiósn do Partido Popular. Lalín, como é sabido non se libra destes deshonrosos métodos empregados habitualmente pola dereita e son moitos os exemplos de falta de transparencia nas  contratacións, de oposicións  fraudulentas e de asignaciósn de postos de traballo a dedo. O Partido Socialista de Lalín e o seu candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares comprométense a rematar con estas sucios e arcaicos métodos tan utilizados por Crespo e o seu grupo.

 “Xa é hora de rematar co enchufismo en Lalín”, manifestou González Casares, culpando directamente a Xosé Crespo de fomentar este tipo de prácticas caciquís. Neste sentido, fixo ademais referencia ás escenas que se están vendo ao longo desta campaña electoral onde hai claras evidencias de que funcionarios públicos están sendo empregados con fins partidistas e electoralistas por Xosé Crespo. “A vergoña destes días pódese ver cando a camarilla do PP con funcionarios e traballadores do Concello ou da Deputación actúan como lacaios de Crespo e do PP”, dixo Nicolás González Casares, exemplificando co día de inicio de campaña, onde na pegada de carteis do PP se podía ver a un enorme grupo de traballadores públicos do Concello e da Deputación. “Militar no Partido Popular non da dereirto a traballar no Concello e non imos permitir que siga a haber unha nula transparencia nas contratacións”, concluiu o tamén Secretario Xeral dos socialistas.

 Para acabar coa lacra dos enchufismos do Partido Popular, Nicolás González Casares asegurou que o seu grupo porá en marcha “oposicións limpas coa participación de todos os grupos políticos”. Asimesmo, os socialistas activarán listaxes de contratación abertas para postos habituais e dotarán da máxima transparencia cada proceso de contratación público. “Asegurarémonos de que nunca máis se volva acertar unha quiniela como a que acertamos os socialistas no 2007”, sentenciou o candidato socialista á Alcaldía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario