·
González
Casares calificou de “vergoñento” que se miren un por un os datos dos
candidatos empregando a funcionarios e indicou que “se tomarán medidas ao
respecto”.
·
O
candidato socialista recordoulle a Crespo que “algún dos seus concelleiros vive
en Silleda e el mesmo vivíu moitos anos en Santiago”.
O alcalde de Lalín, José Crespo asegurou onte
que a candidatura do Partido Popular é a única de cantas concorren ás próximas
eleccións municipais na que todos os seus membros están empadroados no Concello
de Lalín. Ante estas declaracións, o Partido Socialista, a través do seu
candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares, quixo deixar clara a
disconformidade co acontecido, calificando a actuación do rexedor como
“vergoñenta e gravisima”.
González Casares explicou que a acción de
Crespo “aparte de ser bochornosa mesmo consideramos que pode ser ilegal, pois
non se poden utilizar os datos do padrón de carácter persoal e de acceso
privado para fins electoralistas e partidistas”. Así mesmo incidíu no
“vergoñento” que significa que “se dediquen a mirar un por un os datos dos
diferentes candidatos, unha tarefa para a que Crespo tivo que botar man de
funcionarios”. O socialista tamén insistíu na gravidade de utilizar a
empregados públicos para o beneficio político do Partido Popular e salientou
que dende a Agrupación Socialista de Lalín se tomarán as medidas oportunas para
contrarrestar estes feito.
Por outro lado, Nicolás González Casares
manifestou que “en ningún caso o PP debería falar do padrón e botar man del para
fins partidistas, pero xa que o fan, por qué non falan de onde vive a xente,
pois como é sabido o Concelleiro de Medio Rural vive en Silleda e o propio
Crespo vivíu moitos anos en Santiago de Compostela”. Neste senso o candidato
dos socialistas explicou que “na nosa candidatura hai unha persoa de fóra
porque por desgraza hai moita xente que tivo que afastarse de Lalín, polo que a
súa presencia serve de representación para todas estas persoas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario