PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 21 de mayo de 2015

“CRESPO É O PRINCIPAL ATRANCO PARA QUE LALÍN NON TEÑA O CAR”




·        “É o incumprimento electoral que máis afecta aos cidadáns”, recordou González Casares.
·        O socialista conminou a Crespo a que diga “o que vai gastar no parking e deixe de facer anuncios estúpidos ao respecto”.


O Partido Popular volve prometer para a próxima lexislatura a construcción do Centro de Alta Resolución, un proxecto para o que segundo explican, a Xunta segue buscando financiamento. Mentras tanto, Lalín segue sen contar cun centro sanitario digno e acorde ás necesidades da cidadanía do Concello. Neste sentido, Nicolas González Casares, o candidato socialista á Alcaldía de Lalín, lemboru que a do CAR “é a promesa electoral de todas cantas incumpreu o PP que máis afecta negativamente aos veciños”. Así, o socialista chamou a ignorar as falacias de Crespo e do PP sobre o Centro de Alta Resolución e sinalou directamente ao rexedor “como principal atranco para que Lalín continúe sen CAR”.

 González Casares recordou como despois de mandar Crespo “meter a carta no cu” á Conselleira de Sanidade, nunhas declaracións que serán recordadas por moito tempo debido á aberrante falta de educación da que fixo gala o alcalde, este continuou demostrando “unha absolúta inutilidade política para conseguir que o Centro de Alta Resolución veña a Lalín”. González Casares quixo rememorar tamén como no ano 2009 o propio Xosé Crespo se negou a asinar o convenio para facer o CAR, atrasando a súa construcción. Así mesmo, o candidato socialista á Alcaldía, quixo concluir remarcando que Román Rodríguez e o propio Xosé Crespo anunciaron partidas orzamentarias para o CAR, “pero a realidade é que os fondos desapareceron, agora non hai diñeiro, e o CAR segue sen facer e os cidadáns de Lalín seguen sufrindo as consecuencias da nefsata xestión do Partido Popular”.

 Noutra orde de cousas, Nicolás González Casares refireuse ás declaracións de Crespo respectivas ao Parking Europa, conminando ao rexedor a que “deixe de facer anuncios estúpidos en relación ao aparcadoiro e que lle diga aos cidadáns o que vai gastar realmente neste estrepitoso desastre urbanístico que marcará para sempre a súa xestión”. Casares incidíu en que “a xente quere saber a verdade, Crespo ten que ser claro e non lle pode esconder a realidade aos veciños”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario