·
Nicolás González Casares considera que a Serra do
Candán “é un dos maiores tesouros de Lalín que é necesario explotar
respetuosamente”.
·
O proxecto xirará sobre os eixos da promoción e a
conservación, contando cos veciños “ xa que teñen que percibir as vantaxes de
vivir na Rede Natura”.
·
Levaranse a cabo tarefas de sinalización,
estableceranse roteiros e darase a coñercer a parte patrimonial da Serra, entre
outras medidas.
O Partido
Socilista de Lalín fai unha firme aposta polo turismo activo e mediambintal,
tendo en conta a enorme riqueza natural que alberga o municipio. Así, unha das
propostas que recolle o programa electoral do PSdeG-PSOE de Lalín neste eido é
a promoción e posta en valor da Serra do Candán, “a gran serra interior da
provincia de Pontevedra”, de modo que se comece a atraer o turismo a este
enclave “de enorme potencial natural e paisaxístico” e dos “maiores tesouros
que esconde o concello de Lalín”, sinalou o candidato á Alcaldía, Nicolás
González Casares. O socialista defendeu a posta en valor deste territorio
considerando que o actual Goberno Local “enche a boca falando de turismo, pero
esquécese de aportar cousas novas”.
O Sercretario
Xeral dos Socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que atesoura unha
grande experiencia en proxectos deste tipo, por ter executado plans similares
na Serra dos Ancares, visitou recentemente a zona, acompañado de González
Casares e do número 3 da candidatura, Xosé Manuel Hermida. O lider do
PSdeG-PSOE aconsellou aos candidatos locais aportando diferentes directrices
sobre as que a se integrará o proxecto.
Deste
xeito, o denominado Plan Candán xirará
en torno aos eixos da promoción e da conservación. En primeiro lugar, xa que nin o Candán nin a
zona de Vilatuxe están correctamente sinalizadas, levaranse a cabo tarefas de
sinalización, de modo que en todas as estradas que cruzan o concello, (AP53,
N-525, N-630...), se dispoñan carteis axeitados e visibles que indiquen a
localización da serra e poidan atraer visitantes. Tal e como apuntou o cabeza
de lista dos socialistas de Lalín, “a falta de paneis indicativos que sinalicen
correctamente os montes do Candán é un dos maiores atrancos cos que se atopan
os turistas”.
Por outro
lado, o socialista aclarou que “vivir nun espazo da Rede Natura ten que ser
unha vantaxe e unha oportunidade para os veciños e non converterse nun
obstáculo”. Neste senso subliñou que “se aproveitará a pertenza da serra a este
sistema de conservación para facer do Candán un núcleo de atracción turística
que poidan aproveitar os habitantes do entorno para mellorar a súa calidade de
vida”.
Para executar o proxecto traballarase
conxuntamente coas asociacións de parroquias como Viatuxe, Lebozán ou Zobra.
Entre outras actuacións enmarcadas no Plan Candán incluirase a posta en marcha
dun Centro de Información en Vilatuxe, onde se comuniquen as posibilidades que
ofrece o entorno. Así mesmo, e de xeito colaborativo con veciños e propietarios
da zona, levarase a cabo un proxecto medioambiental a máis longo prazo que
fomente a conservación e a ampliación dos bosques autóctonos, mediante as
tarefas de mantemento adecuadas nos perímetros boscosos.
Tamén se
coidarán e dinamizarán as rutas existentes e sinalizaranse novos sendeiros e
camiños, levando a cabo itinerarios en GPS para os sendeiristas ou ciclistas de
montaña. O proxecto non se esquece da parte patrimonial que ten a Serra do
Candán. Neste ámbito fomentarase a conservación e promoción de construccións
tan carácterísticas como as alvarizas, establecendo sinalizacións e elementos
explicativos e podendo incluso facer que o conxunto de alvarizs do Candán -un
dos máis importantes e descoñecidos da Península- se declare Ben de Interese
Cultural (BIT).
No hay comentarios:
Publicar un comentario