·
O socialista alega que está no dereito de
discrepar con Besteiro e apunta que as declaración do lider do PSdeG foron en
calidade de Presidente da Deputación.
O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de
Lalín reiterou a súa postura no referido ao proceso xudicial que o Concello de
Lalín e a Deputación de Lugo manteñen sobre a marca KM0. O socialista
manifestou ante as acusacións do PP e de Crespo que aseguraban que a visita de
Besteiro servíu para “poñelo no seu sitio”, que
estaba no dereito de discrepar en certas posturas mesmo co seu
Secretario Xeral que, sen embargo, “fixo as declaracións en calidade de
Presidente da Deputación de Lugo e non como lider do PSdeG”. Neste senso, o
aspirante á Alcaldía lalinense explicou que “a miña postura segue sendo a
mesma”, facendo fincapé en que considera “totalmente innecesario gastar diñeiro
público en disputas que nada lle interesan á cidadanía e que tampouco terán
ningún retorno beneficioso para a mesma”.
Por outro lado, ante as recentes afirmacións dende
o Partido Popular referidas a que Crespo foi o “maior defensor do
cooperativismo nos últimos 25 anos”, González Casares manifestou que “non imos
ser nós quen lle discutamos os méritos pasados, mais consideramos que é momento
de mirar cara o futuro, e ese futuro pasa en gran medida pola integración das
cooperativas que fomentaremos os socialistas, de modo que sexan máis potentes e
con maior capacidade de negociación”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario