·
Gnzález Casares, que espera o apoio de Román
Rodriguez para levar a cabo este proxecto, considera “inaceptable” manter
abandonadas as vellas piscinas, cando son “unhas instalacións mellores que as
do Arena”.
O peche das
antigas piscinas municipais e a construcción doutras novas nas dependencias do
Lalín Arena, é un dos asuntos que nos últimos anos máis controversia e
descontento ten suscitado entre a cidadanía e os usuarios habituais destes
recintos deportivos. Pois son moitos os que non consideran razoable abandonar
unhas instalacións en boas condicións e con menos de 20 anos de vida útil, para
pór en funcionamento outras de menor nivel, que albergan considerables
deficiencias. Entre outras pódese destacar a pouca profundidade, a falta de
espazo suficiente ou a inexistencia de tranpolíns, o que fai que por exemplo,
non sexan válidas para a natación de competición.
O candidato
dos socialistas á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, considera que “é
un auténtico luxo gastar os cartos nunhas piscinas novas e abandonar as antigas
cando eran moito mellores”. Así, a proposta que se fai dende o Partido
Socialista é acondicionar novamente o edificio das vellas piscinas municipais
para darlle uso escolar. Deste xeito empregaranse para que estudantes tanto do
concello como doutros municipios poidan acudir a realizar exercicios de
natación dándolle de novo uso a unhas piscinas “que non podemos permitir que
sigan abandonadas e inutilizadas”, remarcou González Casares. O socialista
indicou ao respecto que “sendo Román Rodríguez o Conselleiro de Educación
podemos agardar o seu apoio para levar a cabo este proxecto”. As vellas
piscinas municipais utilizaranse tamén para competicións e como lugar de
adestramaento de clubes de natación, no caso de que volva habelos en Lalín, xa
que a piscina do Arena non se adapta a estes usos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario