·
Casares cargou contra Crespo por non acordarse dos
verdadeiros problemas dos cidadáns e dedicarse a vender fume.
O
Secretario Xeral dos socialistas de Lalín e candidato á Alcaldía, Nicolás
González Casares, criticou a actitude da Ministra de Fomento Ana pastor na súa
visita a Lalín para intervir no mitin central do Partido Popular. Casares
calificou de “vergoñento” que Pastor veña a Lalín “e non se acorde de falar da
problemática da peaxe da AP-53”.
O Partido
Socialista de Lalín leva demandando, dende a súa apertura, unha solución ao
prohibitivo prezo da peaxe da autopista que une Ourense con Santiago sen que os
diferentes gobernos do PP, tanto local como autonómico ou central, actúen con
dilixencia para porlle solución ao seu
desmesurado prezo, que supón unha estafa
aos cidadáns e resta capacidade produtiva á zona. González Casares censurou á
Ministra por “nin sequera citar o tema durante a súa intervención” e cargou
contra Crespo indicando que “como se pode comprobar os verdadeiros problemas
dos veciños lle importan pouco e a rebaixa da autopista non é para el unha
prioridade porque prefire dedicarse e a vender fume desviando a atención en
cuestións e proxectos absurdos e inconcebibles”
No hay comentarios:
Publicar un comentario