·
Dos máis de 1,5 millóns de euros asignados a
contratos menores e sen publicidade, só o 200 mil repercutiron en empresas
locais.
·
Dos 51 convenios firmados deste tipo, unicamente 8
foron desenvolvidos por entidades de Lalín e da zona.
O candidato
do Partido Socialista á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, acusou ao
Partido Popular e á Deputación de Pontevedra de mentir, cando alegan que en
Lalín e na Comarca do Deza non existen empresas especializadas ou coas
tecnoloxías precisas para poder desenvolver os contratos requeridos por
Depodeza no ámbito audiovisual, de
asesoramento, de publicidade etc.
O socialista calificou como “vergoñento” o argumento empregado pola Administración
Pública Provincial e sinalou que “como están demostrando, o PP non cre en
Lalín, ao contrario que o Partido Socialista que cree firmemente en Lalín e nas
posibilidades do concello”. Así mesmo, González Casares indicou que “non
acabamos de entender por qué lles molesta que a xente sepa a forma na que se
gastan os cartos”.
Como vén
destapando o Partido Socialista de Lalín nos últimos días, o despilfarro e
dilapidación de fondos públicos en Depodeza ascendeu a 5,6 millóns de euros.
Este gasto, como agora se comproba non repercutíu en ningún beneficio para a
cidadanía, que na súa maioría nin sequera coñece o proxecto nin os obxetivos
que perseguía e non se cumpriron. Pero volvendo ao pouco que se contou coas
empresas locais para levar a cabo o proxecto, xa que segundo o propio alcalde
José Crespo e os seus compañeiros da Deputación non tiñan a capacidade nin as
tecnoloxías suficientes, podemos comprobar como dos 1.524.309,29 euros
destinados a contratos menores e contratos sen publicidade, soamente 206.549,06
se destinaron a entidades Lalinenses ou da comarca. Isto significa que unicamente
o 13,5% do presuposto asignado para este tipo de contratos foi invertido en
sociedades lalinenses e comarcais, entre as que figuran Gadepu, Prosem,
Catering Cabanas, AED e Fundación Semana Verde. O pouco que a Deputación tivo
en consideración ao concello reflíctese tamén no número de contratos menores e
se publicidade asignados, pois de 51 firmados deste tipo, só 8 foron asinados
polas empresas da zona, o que significa un 15,6%.
González
Casares indicou tamén, ao respecto dos honorarios cobrados polo ex-concellerio
e coordinador do plan, Ramiro Ruibal, que “lle foron asigados a recursos
humanos 360.000 euros en 3 anos para repartir entre 3 persoas, polo que non
cremos que o seu salario se quedase en 1699 euros netos, senón que consideramos
que superou os 3.000 euros brutos ao mes”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario