·
O mitin central de campaña terá lugar o venres 15
de maio ás 21.00 horas no auditorio
municipal.
Mañá ás
00.00 horas dará comezo a campaña electoral de cara á cita coas urnas do
próximo 24 de maio. O partido Socialista de Lalín ten moi claros os eixos sobre
os que vai xirar a súa estratexia electoral: será feita en Lalín, próxima á
cidadanía e austera.
“Os
socialistas cremos en Lalín e na creatividade e capacidades dos lalinenses para
poder levar a cabo unha campaña electoral activa e eficaz, non coma outros que
teñen que buscar apoio fora do Concello”, dixo o candidato á Alcaldía, Nicolás
González Casares. Neste sentido sinalou que a campaña socialista “tal e como xa
se está facendo ao longo da precampaña, contará sempre coa xente e coas
empresas de Lalín para cada cousa que se faga, porque confiamos plenamente nas
aptitudes da cidadanía do noso concello”.
Por outra
parte, o alcaldable do PSdeG-PSOE indicou que a austeridade será outra das
características principais da súa estratexia de campaña. Sendo acordes aos
tempos de dificultade que se están a vivir, os socialistas somos conscientes de
que os momentos nos que se destinaban grandes recursos económicos ás campañas
electorais pasaron hai moitos anos. Polo tanto, “o proceso levarase a cabo de
maneira sobria, moderando o gasto e sempre de forma autofinanciada, contando
unicamente con recursos económicos da propia Agrupación lalinense” explicou o
aspirante á Alcaldía de Lalín.
Por último,
o Partido Socialista quere facer “unha campaña de proximidade”. Unha campaña
cercana á cidadanía, polo que, tanto González Casares, como os demais
candidatos da lista electoral, percorrerán todas e cada unha das parroquias do
municipio “para estar coa xente, falar con ela e escoitala”. Pola súa parte, o mitín central da campaña
terá lugar o venres día 15 de maio ás 21.00 horas no auditorio municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario