PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 3 de mayo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA PRESENTA 100 OPORTUNIDADES DE EMPREGO AO ANO PARA LALÍN



·        O plan funcionará estruturado en varios proxectos que se levarán a cabo ao longo dun ano e que os participantes, ademais de executar, terán que presentar ante a sociedade.
·         “Trátase de fomentar obxetivos e implicar aos empregados en grupos de traballo diversos, optando, deste xeito, a un modelo de emprego diferente ao horizontal das escolas taller”, informou Nicolás González Casares.
·        O Partido Socialista tamén porá en marcha un Observatorio da Precariedade Laboral

 A crise económica azoutou  con dureza Lalín non últimos anos facendo que no concello se perdesen centos de empregos. Esta situación, xunto coa caída demográfica que sofre o municipio, constitúen dous dos principais problemas que os lalinenses deberemos afrontar nos próximos anos. Co gallo do Día Internacional do Traballador que se celebra mañá, o PSdeG-PSOE de Lalín prensenta, no marco do programa de Emprego e Inclusión Laboral, un ambicioso proxecto de emprego co que se pretende promover a actividade económica, un emprego digno e evitar a exclusión laboral que a día de hoxe tanto afecta ao municipio.

 Dito plan de emprego funcionará estruturado en varios proxectos que se levarán a cabo de xeito anual. Beneficiaranse cada ano 100 desempregados e desempregadas lalinenses, empezando xa no ano actual con 60 contratados que irán aumentando a medida que se vaian sumando máis programas. Os contratos do programa terán sempre un ano de duración que, deste xeito, servirá para que os participantes realicen cotizacións significativas e posteriormente se xere o dereito a cobrar o desemprego. O proxecto irá dirixido a cidadáns de todas as idades, aínda que os obxectivos se fixarán nas persoas  novas e naquelas maiores de 50 anos que non sexan capaces de atopar saídas.  Aos participantes no plan asignaránselle proxectos anuais que, ademais de cumprir e executar, terán que presentar cando se finalicen ante a sociedade lalinense. Nos proxectos haberá diferentes ocupacións e deles formará parte persoal de todo tipo, dende titulados universitarios ata persoas sen estudos. Tal e como destacou o candidato dos socialistas de Lalín á Alcaldía, Nicolás González Casares, “trátase de fomentar obxetivos e implicar aos empregados en grupos de traballo diversos, optando deste xeito a un modelo de emprego diferente ao horizontal das escolas taller”.











 O financiamento do proxecto será compartido coa Xunta de Galicia e cómpre sinalar ademais que o gasto xerado no pago dos salarios aos traballadores se compensará tamén cos proxectos que van desenvolver: nun principio dedicaríanse 25 taballadores ao plan Lalín Natureza Activa, outros 25 ao Plan de Rehabilitación Patrimonial e outros 10 ao Plan Municipal de Mantemento Viario que se desenvolvería en conxunto coa Brigada Municipal de Obras.

 Por outro lado, o Partido Socialista de Lalín porá en marcha un Observatorio Laboral da Precariedade. Sendo conscientes do aumento da precariedade laboral como consecuencia da crise económica, dende o Concello porase en funcionamento, encolaboración con axentes sociais, un observatorio da precariedade que permita tamén aos traballadores dar a coñecer a situación laboral real das condicións de traballo en Lalín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario