PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 3 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS REPRÓCHANLLE A BODAÑO “QUE, AÍNDA QUE ESTEA PROXECTADA, A ROTONDA SEGUE SEN FACER” E ASEGURAN QUE SERÁ UN PROXECTO QUE EXECUTARÁ O PSOE



·        González Casares recrimínalle ao edil de obras que “cos miles de euros que se gastaron en estudos arqueolóxicos con Depodeza, non se fixese un estudo profundo da zona da igrexa de Donramiro”

 O Partido Socialista de Lalín presentou recentemente un proxecto de construcción dunha rotonda na confluencia das avenidas Madrid e Xosé Cuíña coa que se pretende aumentar a seguridade tanto de conductores como de peóns nunha das interseccións urbanas con máis tránsito. Tras facer público o proxecto, o edil de Obras, Camilo González Bodaño, asegurou que dito proxecto xa estaba contemplado nun planeamento urbanístico pero que se agardaba a levalo a cabo debido a falta de presuposto. Neste sentido, o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Lalín, Nicolás Gonzalez Casares respostou que, “aínda que a glorieta estea proxectada non se fixo e non se pode esperar quen sabe cantos anos a que se desenvolva na zona un plan urbanístico, porque a tardanza demostra o pouco interés que dende o Concello poñen na seguridade cidadá”. Deste xeito, González Casares fixo fincapé en que a rotonda será executada polo partido socialista, como un proxecto moi necesario para a seguridade vial dos lalinenses.

Por outro lado, no que respecta á mellora da pista de acceso que vai dende a circunvalación ata a igrexa parroquial de Donramiro, e que patrimonio impide desenvolver, González Casares recordoulle a Bodaño que “xa que se gastaron miles de euros en estudos arqueolóxicos con Depodeza, se puideron aproveitar para estudar a zona de Donramiro en detalle”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario