·
González Casares considera que “Lalín ten unha
enorme potencialidade cultural” e asegurou que o PSOE de Lalín activará un
calendario estable de actividades culturais.
O cabeza de
lista do PSdeG-PSOE de Lalín, Noicolás González Casares considera que a cultura
en Lalín non está a recibir todo o apoio necesario por parte do Concello, que
fai gala neste eido “dunha ausencia total de obxectivos e dun desprezo absoluto
cara as persoas e asociación culturais do municipio. Mais o socialista asegurou
que “en canto a creadores culturais, Lalín é toda unha potencia”, e indicou que
Lalín “é unha vila capaz de manter unha importante industria cultural que
contribua ao progreso económico e á innovación”.
Para
alacanzar os obxectivos propostos anteriormente, o Partido Socialista de Lalín
propón, en primeiro lugar, a creación dun Consello Municipal da Cultura que
funcione como órgano de participación libre de
todos os colectivos e particulares interesados na política cultural. A súa
función principal será a de establecer un Plan Estratéxico Cultural:
diagnóstico, optimización de recursos , que marque obxectivos estratéxicos e que mobilice intelixencias e
enerxías. Ademais, outras propostas de ámbito cultural serán a posta en marcha dunha
serie de programas semestrais. O PSdeG-PSOE pretende establecer un calendario
cultural de Lalín que sexa coñecido con
antelación e fomente e cree hábitos de consumo cultural na poboación. “A
posibilidade de ter un programa estable é unha das propostas máis necesarias en
Cultura” indicou González Casares. Por outro lado o Partido Socialista habilitará bolsas e microcréditos para novas producións
culturais ou proxectos artísticos seguindo criterios estritos de viabilidade,
rendibilidade e interese cultural e volverá pór en marcha os circuitos
parroquiais culturais,
No hay comentarios:
Publicar un comentario