PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 12 de mayo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA PRESENTA 207 MEDIDAS PARA CAMBIAR LALÍN



·        Trátase dun programa plural no que participaron 200 persoas e que toca cada un dos puntos necesarios para cambiar a deriva na que o PP mantén ao concello de Lalín.
·        As propostas de índole social e emprego teñen un remarcado protagonismo, pero tamén destacan as medidas de transparencia, medio rural, urbanismo ou facenda pública.
·        González Casares remarcou a “demostrada solvencia que vén demostrando o Partido Socialista, aportando agora un programa eficaz, completo e que foxe da megalomanía”.

 O Partido Socialista de Lalín presenta o seu programa electoral definitivo. Un  programa de 207 propostas por Lalín que o Candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares definíu como “un auténtico programa de goberno e un compromiso firmado cos cidadáns para a próxima lexislatura”.

 O proxecto socialista móstrase completo, ambicioso e integral. Trátase dun programa claramente marcado pola participación, xa que na súa elaboración formaron parte unhas 200 persoas “que aportaron cada unha o seu gran de area para conseguir facer un programa plural pensado por e para Lalín”, sinalou González Casares. As propostas presentadas polo partido Socialista tocan todos e cada un dos puntos necesarios para cambiar Lalín da deriva que o PP somete ao concello. Así, as proposicións de remarcada índole social alcanzan un especial protagonismo, sendo conscientes dende o partido de que o principal problema de Lalín é o desemprego, pero tamén o aumento das desigualdades entre os cidadáns. Tamén é un programa que pretende outorgarlle máis voz aos veciños no seu concello e que establece unha firme aposta pola transparencia  e por que o Concello rinda contas ante a cidadanía. Ademáis, a proposta socialista engloba medidas eficaces nos eidos do urbanismo, o benestar social, o medio ambiente e o medio rural, a educación, a cultura, o deporte, a sanidade e a facenda pública.
 
O candidato dos socialistas, Nicolás González Casares remarcou a “demostrada solvencia que vén demostrando o Partido Socialista na vida política local, aportando agora un programa sólido, completo, eficaz e plural, ademais de ofrecer a noso incuestionable compromiso de traballar e esforzarnos por mellorar Lalín”. Así mesmo, o tamén Secretario Xeral dos Socialistas de Lalín indicou que as propostas do programa electoral son “realistas, moi contidas económicanmente e escapan da megalomanía”.







Partido dos Socialistas de Galicia
           Agrupación Socialista de Lalín


               Rúa “F”, 27-Entlo.
            36500 Lalín - Pontevedra
     Tfno.:986782235  Móvil: 687916938
 

 Algunhas das medidas máis destacadas do programa son: a posta en marcha de orzamentos participativos, unha moratoria para o desembarco de novas grandes superficies, ou, no ámbito do urbanismo, a creación do Cinto Verde de Lalín e a humanización de varias zonas da vila. No eido do emprego destacan o Plan de emprego de Lalín e o Plan Talento, que pretenden aumentar as oportunidades dos mozos e mozas así como dos parados de longa duración. No medio rural fomentarase a integración das cooperativas, poranse en marcha bolsas ao emprendemento e buscarase mellorar a calidade do servizo de internet entre moitas outras propostas. Por outra parte, farase de Lalín o centro galego do turismo de natureza e aventura a través do proxecto Lalín Natureza activa. En canto á facenda pública destacan a revisión dos actuais valores catastrais, non aceptándoas nunca á alza, pois a crise en Lalín fixo que os inmobles perderan valor. Así mesmo, faranse bonficacións máximas do ICIO para a rehabilitación de vivendas no rural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario