·
O soterramento da liña polo trazado da N-525 e a
declaración do espazo como ENIL centraron a xuntanza.
|
|
|||
Dentro da rolda de contactos que a plataforma
Salvemos Catasós manterá cos candidatos e grupos políticos que concorren ás
próximas eleccións municipais, tivo lugar esta mañá unha xuntanza entre o
colectivo e a Agrupación Socialista de Lalín. Ambas partes mostraron a súa total
conformidade e alianza para tratar de preservar o espazo natural da Fraga de
Casas Vellas ante a a meaza que supón on paso da denominada Liña de Alta
Tensión Lalín o Irixo, mostrando o seu apoio ao soterramento da mesma ao longo
da estrada Nacional 525.
O citado
soterramento da liña e a declaración da Fraga de Casas Vellas como Espazo
Natural de Interese Local (ENIL), foron os principais puntos sobre os que xirou
a xunta. Estas son as reivindicacións polas que a plataforma leva loitando con
máis forza dende o comezo do conflito e ás que o Partido Socialitas mostrou
“todo o seu apoio”, en palabras do candidato á Alcaldía Nicolás González
Casares. O alcaldable destacou do mesmo xeito que estas cuestións irán
recollidas no programa electoral socialista e serán unha prioridade no apartado
medio ambiental. Así mesmo, as dúas partes acordaron a necesidade de continuar
coa presión ata alcanzar estes obxetivos e conseguir a pervivencia da fraga.
Neste senso destacouse que a calificación do espazo como ENIL ademais de actuar
como un elemento protector faría que os cidadáns coñecesen a fraga en maior
medida e empezasen a darlle valor e utilizala. Así, fixose fincapé na
potencialidade que o turismo ambiental ten no concello e o desvalorizado que
está.
Por outro
lado, a sintonía entre a plataforma e o Partido Socialista tamén se reflectíu
na denuncia da tibieza coa que Crespo e o Goberno Local están tomando o
conflito da Fraga de Casas Vellas.
Tal e como
se indicou dende Salvemos Catasós, as reunións coas diferentes formacións
políticas continuarán nos próximos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario