·
Para levar a cabo o proxecto chegarase a acordos
cos titulares das parcelas.
·
Cada contrato levará implícita unha cláusula que
permita o rápido cambio de uso do terreo no caso de que, por exemplo, se
requira para construir.
O Partido
Socialista de Lalín quere rematar coa proliferación de solares urbanos
abandonados e inutilizados, que representan un foco de suciedade, insalubridade
e molestias para os veciños. Para tal fin propón a creación de hortos urbanos
que permitan o aproveitamento destes emplazamentos e que ao mesmo tempo sirvan
para adecentar e rehabilitar ditos espazos, dándolle un mellor aspecto á vila.
En menor medida os solares abandonados tamén acollerán pequenos parques móbiles
ou pequenas zonas de descanso.
No casco
urbano de Lalín afloran unha enorme cantidade de pequenos solares nos que non
se construíu e que están completamente abandonados concentrando suciedade e
significando un problema tanto para os cidadáns como dende o punto de vista
estético xa que afean considerablemente a vila. O candidato dos socialistas á
alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares indicou que ditos terreos
“constituen un espazo que pode ser aberto e aproveitado polos veciños e veciñas
da Lalín, por exemplo, mediante a creación de hortos urbanos”. O alcaldable
sinalou que se chegará a acordos cos propietarios das parcelas para poder levar
a cabo este proxecto. Cada contrato levará unha clausula que permita o rápido
cambio de uso do terreo, no caso de que se queira construir.
Os hortos
urbanos son a principal proposta de González Casares para a recuperación das
zonas abandonadas. Tras limpar e adecuar os lugares cederánselles aos veciños e
veciñas que demanden a súa utilización, para que, a continuación, poidan crear
e xestionar a horta. Cada unha delas será dotada cun pequeno valado que
funcione como elemento protector así como cunha pequena dependencia para gardar
apeiros e coa súa correspondente toma de auga.
Outra das
formas de recuperar os solares abandonados será mediante a instalación de
artiluxios de xogo infantís ou de elementos de descanso como bancos. A dotación
destes compoñentes farase sempre de forma sinxela, de modo que poidan ser
retirados con facilidade no caso de ser requerida a parcela para outro tipo de
usos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario