PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 13 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN VERGONZOSO O PASEO DE CRESPO EN CADEIRA DE RODAS POR LALÍN EN PLENA CAMPAÑA ELECTORAL



·         “Crespo ignorou durante os últimos anos as peticións do Partido Socialista para mellorar a accesibilidade en varios edificios públicos, mentras gastou cartos en proxectos inverosómiles”, recordou González Casares.
·        O candidato dos socialistas á Alcaldía acusou a Crespo de falta de empatía e recriminoulle a utilización de funcionarios públicos na súa campaña electoral.

 O candidato do PP á Alcaldía, José Crespo, protagonizou onte unha esperpéntica escena que causou unha profunda indiganación entre a xente de Lalín e que quedará na retina dos veciños por moito tempo debido ao denigrante da situación. Crespo, aconsellado malamente por compañeiros seus, paseouse por Lalín, xunto co número 3 da lista, Salvador González, sentado nunha cadeira de rodas para comprobar, segundo explicou, as dificultades ás que os discapacitados teñen que enfrontarse no seu día a día. O candidato socialista  á Alcaldía, Nicolas González Casares, ao igual que gran número de cidadáns que xa expresaron o seu descontento, calificou a acción de Crespo como “lamentable e vergoñenta, significando mesmo unha falta de respeto para as persoas discapacitadas, por  ignoralas durante toda a lexislatura e acordarse agora de facer este paripé”.

 González Casares insistíu en que Crespo se equivocou e “puido evitar este indignante e populista paseo”, xa que tal e como explicou,“leva 25 anos esquecéndose das persoas con discapacidade e aparece agora, en plena campaña electoral, protagonizando este lamentable espectáculo”. O alcaldable socialista recordou como a súa agrupación vén pedindo nas últimas lexislaturas melloras na accesibilidade de edificios como o Museo Municipal ou a Oficina Agraria, respostando Crespo que “se fará cando se poida”. González Casares recriminoulle ao rexedor que mentras as necesidades das persoas con dicicultades de mobilidade eran desatendidas, “se gastaron cartos no Arena, na piscina nova, no porco lalaiano ou en varios cocidos oficiais, deixando incontables lugares de Lalín cunha nefasta accesibilidade”. O tamén Secretario Xeral dos Socialistas de Lalín acusou a Crespo dunha “absoluta falta de empatía” e reclamoulle “que se quere coñecer de verdade os problemas da xente se pare a escoitala, algo ao que está moi pouco acostumado”, apuntou.

 Por outra parte, Nicolás González Casares tamén denunciou a utilización por parte de Crespo de funcionarios municipais “que onte o acompañaron e que pagamos entre todos os cidadáns, para a súa campaña electoral”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario