PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 24 de mayo de 2015

“CRESPO QUERE ACABAR DE ARRUINAR LALÍN COA COMPRA DO PARKING”




·        González Casares considera que “hoxe en día, o valor do parking non pode alcanzar os 4 millóns de euros”.
·        O socialista asegura que “Crespo revelou os seus acordos coa concesionaria gracias ás presións do PSOE” e reclámalle ao rexedor que “deixe de mentir coa débeda, que alcanza os 6,5 millóns”.

 Xosé Crespo acaba de anunciar que o Concello lle pagará a Portas e Acuña uns 3,5 millóns de euros polo Parking Europa, o que confirma as denuncias que nos últimos días vén facendo o Partido Socialista de Lalín. O candidato á Alcaldía, Nicolás González Casares, arremeteu contra o rexedor lalinense a quen acusou de “seguir coa súa teima de querer arruinar Lalín” con operacións como a citada.

 O alcaldable do PSdeG-PSOE cuestióna se “Crespo de verdade pensa que o parking vale 4 millóns, pois nós creemos que hoxe en día non alcanza, nin moito menos, ese valor”. Nestes sentido, González Casares incidíu en que operacións como a que está xestionando Xosé Crespo en relación co aparcadoiro supoñen “o exemplo dunha xestión municipal ruinosa que deixa aos lalinenses sen diñeiro para as necesidades importantes mentras nos afogan pagando impostos”.  Conosidera “disparatado” gastar tal cantidade de diñeiro na compra do aparcadoiro xa que “leva 10 anos construido e 5 pechado e sen ningún tipo de productividade, pero a Crespo dalle igual porque o diñeiro da compra saíra, coma sempre do peto de todos os lalinenses”. Así mesmo, o tamén Secretario Xeral dos socialistas de Lalín, quixo destacar a eficacia das presións desempeñadas polo Partido Socialista neste caso, que deron como froito que Xosé Crespo acabase revelando os seus acordos segredos coa concesionaria do Parking Europa. Destacou que “fomos os socialistas os que, coma sempre, traballamos polos verdadeiros problemas da xente. Se non fose polas miñas reclamacións e polas do meu grupo, Crespo seguiría sen dar explicacións e ocultándolle aos cidadáns o desmesurado gasto que afrontaremos pola compra do Parking Europa”.
 Por outro lado, González Casares, recriminoulle a Crespo que “deixe de mentir e disfrazar os datos da débeda”, facendo un chamamento á rigurosidade “para que diga a verdade, que é que a débeda do Concello alcanza os 6 millóns e medio de euros”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario