PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 3 de mayo de 2015

OS CIDADÁNS DENUNCIAN O ABANDONO DE VARIAS ZONAS DE LALÍN




·        As marxes  da Avenida de Montserrat, a Rúa do Rodo e a Rolda Leste presentan grandes desperfectos.
·        González Casares denuncia a megalomanía de  Crespo “mentras mantén Lalín totalmente abandonado”.

Dende hai tempo calquera cidadán que pase pola parroquia de Donramiro, pola Rúa do Rodo ou pola Rolda Leste, pode observar o mal estado e o aspecto de abandono que sofren varios treitos destas zonas. Nos últimos días, o Partido Socialista de Lalín recibíu queixas por parte de cidadáns, cansos de ver como as marxes das estradas anteriormente citadas presentan cada vez  un peor aspecto sen que dende o Concello mostren interés algún en amañalas. 





 Os andéns de Montserrat, do Rodo e da Rolda Leste están sucios, con numérosos adoquíns levantados e soltos chegando incluso a representar un perigo para a integridade dos viandantes. Así mesmo, a maleza invade moitas zonas, adentrándose nas beirrarúas e converténdose nunha verdadeira molestia para os peóns, ademais de producir unha incuestionable sensanción de abandono. Mesmo se poden ver nestas zonas farolas co cableado ao descuberto. Destacan en especial os bancos instalados ao longo da citada avenida de Montserrat. A maioría están rotos e a suciedade aflora en todos eles. Tamén está completamente descoidada unha marquesiña colocada hai varios anos nas inmediacións da travesía. Os cristais están quebrados e  a estructura metálica totalmente corroida, aparte de ter os asentos totalmente inservibles.

 Dende o Partido Socialista de Lalín, o candidato á Alcaldía, Niccolás Gonzalez Casares, denunciou o abandono destes enclaves de Lalín e demandou o seu pronto arreglo e recuperación, xa que como idicou, “as beirarrúas e as marxes destes viais levan anos desfeitas sen que dende o Concello mostren interés por adecentalas”. Neste sentido, González Casares volveu denunciar “o pensamento megalómano” do que José Crespo fai gala, “mantendo a súa mente en proxectos para os que ainda non ten os terreos e deixando a vila nun estado de total abandono”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario