PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 3 de mayo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA CONSTRUIRÁ UNHA ROTONDA NA CONFLUCENCIA DAS AVENIDAS XOSÉ CUÍÑA E MADRID

·        O proxecto incluirá a colocación de pasos de peóns e o ancheamento da pista que une a circunvalación coa igrexa de Donramiro.
·        González Casares considera “moi necesaria” a colocación dunha glorieta, pola seguridade de conductores e peóns, xa que se trata “dunha intersección moi transitada na que conflúen ata 6 viais”.

 As propostas urbanísticas etán tendo un papel relevante no programa electoral do Partido Socialista de Lalín. A proxectos como o da instalación  de beirarrúas na Avenida Xosé Cuíña, a humanización da Congostra de Lalín ou a colocalción de bolardos retráctiles no entorno da Praza da Igrexa e da Rúa Colón, súmaselles agora a proposta de edificación dunha glorieta na confuencia das Avenidas Xosé Cuíña, Madrid, Bos Aires e Montserrat.
 O proxecto ten como principal  obxetivo mellorar a seguridade vial na zona, xa que se trata dun treito cunha elevada densidade circulatoria, tanto de vehículos como de peóns, que se atopan con grandes atrancos para poder cruzar a circunvalación. Tal e como explicou o candidato á alcaldía, Nicolás González Casares, “trátase dunha intersección moi transitada xa  que néla conflúen ata 6 vías sendo unha délas o principal acceso dos autobuses á estación”.


 O proxecto, ademais de establecer a construcción  dunha rotonda simple adecuada para o paso de autocares “na que non será necesario invertir grandes cantidades de diñeiro”, fixará tamén a dotación de pasos de peóns. Actualmente cruzar a circunvalación a pé nesa zona convértese nunha tarefa difícil e perigosa, xa que non existe ningún paso adaptado e son moitos os xóvenes que por exemplo atravesan a estrada nese punto para acudir ao Cortizo a  practicar deporte. As persoas que acoden á igrexa de Donramiro e que, en moitas ocasións  son maiores, tamén sofren a inseguridade que  implica cruzar no punto referido. González Casares destacou que “o proxecto servirá para integrar Donramiro e Lalín facilitando ademais o paso seguro dos viandantes”. Así mesmo, no plan deseñado polos socialistas de Lalín radica o ancheamento e adecentamento da pista que une a Avenida Xosé Cuíña coa igrexa parroquial de Donramiro.

O candidato do PSOE á Alcaldía de Lalín dixo, en referencia ao plan urbanístico plantexado tempo atrás polo Concello para a zona, que “non se  pode agardar quen sabe cantos  anos, a que se poña en marcha o proxecto que se quere desenvolver na lugar, posto que a rotonda nese punto é algo primordial que non pode esperar, porque é toda unha necesidade para a seguridade dos cidadáns”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario