PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 12 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS AUMENTARÁN A DOTACIÓN DO SERVIZO DE EMERXENCIAS COA POSTA EN FUNCIONAMENTO DUNHA AMBULANCIA SANITARIZADA



·        Este tipo de vehículos sanitarios contan co mesmo equipamento que unha UVI móbil e pódense converter rapidamente en ambulacias medicalizadas.
·        González Casares considera necesario “reforzar o servizo de emerxencias”, entre outros motivos debido a que “a actual  ambulacia de é básica e ten que cubrir as zonas de Agolada, Rodeiro e Dozón”.

 O Partido Socialista de Lalín considera necesario aumentar a dotación do servizo de emerxencias  sanitarias de Lalín, que actualmente só conta cunha ambulacia de emerxencias convencional, que cobre ademais os servizos da zona de Agolada, Rodeiro e Dozón. A proposta socialista é a posta en funcionamento dunha ambulancia sanitarizada que sirva de apoio ao Centro de Atención Continuada de Lalín.

 O candidato á Alacaldía de Lalín, Nicolás González Casares, pronunciose en contra dos recortes sanitarios, sinalando á atención de urxencias “como un dos servizos prioritarios que hai que conservar en bo funcionamento se queremos seguir mantendo poboación”. Para tal fin o socialista reclamou un reforzo na dotación do servizo de emerxencias sanitarias coa inclusión dunha nova ambulancia sanitarizada. Este tipo de vehículos de emerxencia están dotados do mesmo material que unha UVI móbil e levan a bordo técnicos de urxencias sanitarias e unha enfermeira ou enfermeiro. Ademais, no caso de ser preciso pódese incluir a presenza dun médico, o que permitiría converter rapidamente o vehículo de urxencias nunha ambulancia medicalizada, contribuindo, deste xeito, a mellorar o servizo do Punto de Atención Continuada de Lalín. González Casares destacou que “todas as ambulacias que hai en Lalín son básicas, polo que creemos necesario que, ademáis de manter os servizos xa existentes é necesario aumentar a dotación coa posta en funcionamento dunha sanitarizada”. O aspirante á Alcaldía lalinense sinalou que a ambulacia de emerxencias que na actualidade presta servizo en Lalín ten que cubrir tamén os concellos de Rodeiro, Agolada e Dozón, ademais dos traslados ao hospital de Santiago “o que provoca horas e horas de mobilzación que fan que este servizo sexa menos áxil e eficiente”.

 Por outro lado, Nicolás González Casares, referiuse ás deficiencias da ambulancia do corpo de Protección Civil de Lalín. Segundo explicou, non serve para prestar os servizos adecuados, pois entre outros incumprimentos, non está homologada nin ten pagado o seguro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario