·
González
Casares acusa ao Concello de “inutilidade na xestión” por non ser
capaces de porlle solución aos problemas da Rúa X.
·
Asegura que o Goberno Municipal “pode e debe
negociar cos propietarios tal e como propoñemos os socialistas no noso
proxecto”.
O candidato do Partido Socialista á Alcaldía
de Lalín, Noicolás González Casares acusou ao Concello e ao Concelleiro de
Obras e Servizos Municipais, Camilo Bodaño, de “inutilidade na xestión” por non
ser capaces de darlle solución ao mal estado da Congotra de Lalín, alegando que
ao ser de propiedade privada nada poden facer, xa que segundo explicaron,
incurrirían nunha ilegalidade. O alcaldable socialista recordou que, ao
contrario do que Bodaño dixo, no PSOE “sabemos perfectamente os problemas de
titularidade que presenta a Congostra de Lalín, polo que aínda que o
concelleiro non se enterase, nós deixamos ben claro que o noso proxecto
comenzaría falando e negociando cos propietarios, algo ao que no Goberno
Municipal non están acostumados”. Neste senso, o tamén Secretario Xeral dos
socialistas de Lalín fixo fincapé en que O Concello “pode e debe negociar, tal
e como propoñemos os socialistas”. Así mesmo, González Casares volveu incidir
na deixadez que o Concello mostra ante a problemática da chamada Rúa X alegando
que “non poden seguir mirando para outro lado mentras se mantén no centro de
Lalín un foco de suciedade e insalubridade”.
Por outro lado, Nicolás González Casares,
criticou a actitude de Bodaño alegando “que agora falan de respectar a
propiedade privada os que arruinan Lalín cun sinfín de pleitos desastrosos”,
dixo en referencia a casos como o do Parking Europa, a Carballeira da Crespa ou
o Paseo Pontiñas, nos que o Concello leva invertidas grandes cantidades de
diñeiro público. Por último, o candidato
do PSOE volveu inicidir en que a titularidade privada da Rúa X non é excusa
para manter o camiño no nefasto estado
no que se atopta e propúxolle a entrega ao Edil de Obras, Camilo Bodaño,
de “un listado de camiños privados que se asfaltaron polo sinxelo feito de ser
amigos del”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario