PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 8 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS DESTACAN QUE A MAIORÍA DOS PASOS ELEVADOS DE LALÍN SEGUEN INCUMPRINDO A NORMATIVA



·        O Partido Socialista, que xa levara a Pleno esta problemática acusa ao Goberno Local de seguir sen revisar os “lomos de burro” e recorda que os posibles danos causados poden ser reclamados ao Concello.

 Un autocar que realizaba o luns a ruta entre as cidades de Lugo e Vigo viuse obrigado a demorar en máis dunha hora o seu traxecto tras bater na Avenida de Montserrat e Donramiro contra un paso elevado e sufrir desperfectos no depósito de combustible. O Partido Socialista de Lalín, que xa levara ao Pleno Municipal anos atrás os incumprimentos que mostran gran cantidade destes reductores de velocidade en Lalín, volve denunciar, tra-lo accidente, que o Concello segue sen revisar os denomidados lomos de burro e que estes seguen incumprindo a normativa vixente significando, tal e como se demostrou, un perigo para a circulación.

 O Partido Socialista de Lalín continua recibindo queixas de veciños e veciñas preocupados principalmente pola altura execesiva dos pasos elevados, xa que como se puido comprobar o pasado luns, poden chegar a provocar danos nos vehículos aínda circulando á velocidade establecida en cada treito. Os socialistas recordan que estes danos poden ser reclamados ao propio Concello se se comproba que os pasos nincumpren a lexislación. Así mesmo, seguen a producirse queixas de peóns por presentar os pasos elevados considerables desniveis con respecto á beirerrúa, un factor que tamén perxudica ás persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida.

 Dende a Agrupación Socialista de Lalín denúnciase unha vez máis que unha parte importante dos pasos sobreelevados instalados no Concello seguen incumprindo a normativa de múltiples e variadas formas, provocando problemas en vehículos e cidadáns e laméntase que dende o Concello non se tomase nos últimos anos ningún tipo de medida ao respecto. Deste xeito vólveselle esixir ao Goberno Local que revise os diferentes reductores de velocidade instalados no municipio para comprobar o cumprimento da normativa (altura, lonxitude, rampa, desnivel...), para que unha vez finalizadas se tomen as correspondentes medidas correctoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario