·
Trátase dun círculo formado por camiños e
sendeiros xa existentes que rodee a vila tendo o Paseo Pontiñas como eixo
central.
·
“Non se trata dunha ampliación do Pontiñas, senón
de habilitar un corredor verde entre os seus extremos sen necesidade de grandes
obras”, explicou González Casares.
O Partido
Socialista de Lalín ten moi claro o modelo de vila e de concello que quere para
os seus cidadáns e tamén para os que no futuro vivan en Lalín. Deste xeito a
aposta polo desenvolvemento dun urbanismo sustentable e respetuoso co medio
ambiente marca claramente os obxetivos que neste ámbito perseguen o candidato á
Alcaldía, Nicolás González Casares e o seu equipo de cara á próxima
lexislatura. Así, no marco das políticas urbanísticas sostibles, o Partido
Socialista propón a creación do que se denominará Cinto Verde de Lalín: un
círculo conformado por camiños e sendeiros que rodeará a vila tendo o Paseo
Pontiñas como eixo central.
González
Casares sinalou a necesidade de facer de Lalín un lugar atractivo para a poboación
e para o desenvolvemento de actividades económicas, que poña en valor a súa
riqueza ambiental e cultural e que, ao mesmo tempo, sexa sostible e eficiente.
A creación
do Cinto verde de Lalín é un proxecto pioneiro e ambicioso que tratará de facer
de Lalín unha vila máis integrada no seu entorno natural e que servirá para
seguir fomentando a conciencia ambiental e saudable entre a cidadanía do
concello.
Deste
xeito, considerando o Paseo Pontiñas
como eixo central que atravesa a vila, pecharase un círculo que
aproveite camiños e sendeiros xa establecidas, de modo que se una o extremo
leste (Lago do Auditorio), co extremo noroeste (Lago de Bergazos). O roteiro
terá aproximadamente uns 20 kilómetros de percorrido e, ademais, contará con
ramificacións ou conexións con outros espazos como por exemplo a Fraga de
Quiroga ou a Fraga de Casas Vellas. Como explicou Nicolás González Casares,
“non se trata dunha ampliación nin dunha modificación do Pontiñas, senón de
habilitar un corredor verde entre os extremos do parque sen a necesidade de
grandes obras”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario