·
“Non se
pode ir votar sen que se sepa o que Crespo vai gastar no parking. Estimamos que
serán 3 ou 4 millóns, pero quen o sabe é
o alcalde e ten que decilo”, indicou González Casares.
O caso do Parking Europa pasará a historia
como un dos maiores desastres urbanísticos da era Crespo. Pois ademais do que
custou a súa construcción e posterior remodelación e derrube para adaptarse á
legalidade, o aparcadoiro suma xa 5 anos pechado, sendo un espazo perdido e
inservible no centro da vila, polo que a maiores, a empresa concesionaria lle
demanda ao Concello 6 millóns de euros como indemnización. Pero a ruiana do
parking non remata ahí. O alcalde en funcións, Xosé Crespo, confesou
recentemente nun debate electoral, preguntado polo candidato socialista á
Alcaldía, Nicolás González Casares, que os plans do Goberno Municipal para o
aparcadoiro pasan pola súa compra. Unha inversión que dende o partido
socialista se cifra noutros 3 ou 4 millóns de euros. Por este feito e, ante as
claras intencións que Crespo ten de ocultarlles aos cidadáns en período
electoral esta transacción, que suporía unha importante suma para o Concello
saída do peto de todos os cidadáns, esíxelle que “informe antes do 24 de maio
aos veciños das intencións que ten para o futuro do Parking Europa”.
“Non se
pode ir votar sen que se sepa o que Crespo vai gastar no parking. Estimamos que
serán 3 ou 4 millóns, pero quen o sabe é
o alcalde”, indicou González Casares. O socialista incidíu en que “Crespo non
se pode esconder e ten que dar a cara antes antes do domingo”. “¿Cales son os
seus acordos segredos coa concesionaria? ¿En que consisten e canto máis se vai
gastar por culpa da súa pésima xestión na cuestión do parking?”, pregúntase o
alcaldable do PSdeG-PSOE. Para o socialista destinar agora máis diñeiro á
compra do aparcadoiro despois de destinar xa 1 millón de euros en derrubalo e
sumar 5 anos de inactividade, reflexa a “nefasta xestión de Crespo, do PP e do
seu grupo de goberno nos últimos anos”. Por último, o tamén Secretario Xeral
dos socialistas de Lalín insitíu en que “sería inconcebible que o alcalde non
dese esxplicacións, porque esta desfeita tena que coñecer a cidadanía antes de
ir votar o día 24”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario