·
O socialista considera que “queda moita marxe de
maniobra” e que o vindeiro 24 de maio será unha xornada de “moita alegría para
todos os que desexan un cambio”.
A prensa
local publicou hoxe as enquisas electorais das eleccións municipais do próximo
24 de maio. O candidato socialista á Alcaldía de Lalín, Nicolás González
Casares non quixo entrar en valoraciós, ainda que asegurou respetar os datos
que ofrecen as sondaxes.
“Nunca entrei en valoracións sobre as enquisas,
ainda que as respeto como o estudo estatístico de opinión que son” , apuntou
González Casares. O lider local dos socialistas recalcou que estaba a ser unha
campaña electoral moi positiva para o Partido Socialista, na que se está a
alcanzar “unha moi boa acollida” por parte dos cidadáns “ que están desexosos
dun cambio en Lalín”. O cabeza de lista do PSdeG-PSOE de Lalín indicou que “os
socialistas estamos a traballar con máis ilusión que nunca”, sabedores de que
“a José Crespo lle está chegando o momento de abandonar a Alcaldía” e concluíu declarando que “queda unha grande
marxe de maniobra e non hai nada decidido para a cita cas urnas do 24 de maio”,
unha xornada que para Casares será “de enorme alegría para todas e todos os
lalinenses que desexan o cambio”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario