PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 3 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN AS CONTINUADAS DEFICIENCIAS NO ALUMEADO PÚBLICO EN DIFERENTES ZONAS DO CASCO URBÁN




·        “Os frecuentes fallos no suministro eléctrico demostran o abandono que Crespo e o seu equipo fan dos servizos da rede pública” apuntou González Casares.
·        Os socialistas esixen a inmediata solución aos cortes no alumeado que afectan ao Campo da Feira, a Cidade Xardín e a diferentes treitos da circunvalación.

 Os  veciños e  veciñas do casco urbán lalinense levan semanas queixándose das continuas deficiencias que sofre o alumeado público en diferentes espazos da vila. A Agrupación Municipal Socialista de Lalín recolleu nos últimos días as denuncias de varios particulares que se mostraron cansos de que as súas rúas queden a escuras cada noite, coa incomodidade e a sensación de abandono que isto provoca.

 O candidato dos Socialistas  nas próximas eleccións, Noicolás González Casares, recordou como a falta de luz é un problema que se perpetúa no tempo “sen que o Concello poña interés algún en tratar de solucionalo”, mostrando así, segundo indicou, “unha incomprensible falta de responsabilidade  coa cidadanía”. Tal  e como sinalou González Casares, “o Campo da Feira Vello, Cidade Xardín e varios treitos da circunvalación están quedando noite  tras noite a escuras, aínda que estas deficiencias se repiten tamén noutros sitios de Lalín”.  Para o socialista estes  cortes no alumeado público denotan “o abandono no mantemento que o goberno do Partido Popular fai da rede pública”. Como exemplo destacou que no último mes, o Campo da Feira permaneceu sen alumear máis de tres noites, mentras que en Cidade Xardín levan varios días a escuras.

 Dende o Partido Socialista de Lalín, esíxenlle a Crespo e ao Goberno Municipal que poñan fin de xeito inmediato aos fallos no suministro eléctrico dos puntos da vila afectados.  Para o candidato socialista a realidade é que , “o concepto que Crespo e  o seu equipo teñen dos servizos públicos é o de manter  toda a vila  abandonada mentras invirten cartos en proxectos que nin lle interesan nin lle repercuten  ningún beneficio aos cidadáns”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario