·
Ambos culparon ao
Partido Popular “de non preocuparse polos gandeiros” e de “provocar que
centos de familias que viven do leite estean a pasar por unha situación tan
compricada”.
·
Os socialistas coñeceron as instalacións e o
funcionamento de Cobideza e degustaron o novo queixo producido pola
cooperativa.
O
Secretario Xeral dos socialistas de Galicia visitou esta mañá xunto co
candidato do mesmo partido á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, e
diferentes compoñentes da candidatura, entre os que estaban Xosé Manuel
Hermida, Celia Alonso, María Jesús Sánchez ou Cristobal Fernández, as
instalacións da coopertativa leiteira Cobideza, afincada en Cercio. Ambos
fixeron unha firme defensa do sector lácteo como motor do desenvolvemento rural
e da creación de emprego e apostaron polo
cooperativismo agrario como modelo de producción que garantice o futuro
do sector e do campo lalinense e galego. Así mesmo, tanto González Casares como
Besteiro culparon ás políticas do Partido Popular “que non defenden aos produtores
nin interveñen para garantizar uns prezos dignos”, da mala situación que están
a vivir os gandeiros e gandeiras debido aos baixos prezos do producto en orixe.
O candidato
dos socialistas á Alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares, puxo a Cobideza
como exemplo de cooperativismo “que aposta pola cercanía, polos servizos, pola
producción, pola transformación e pola expansión para vivir e seguir vivindo e
creando riqueza do medio rural”. Neste senso destacou o “enorme potencial
agrogandeiro” que ten Lalín, alegando que “non nos podemos quedar só en ser
produtores, senón que tamén hai que transformar”. Para isto puxo como modelo a
seguir o queixo que recentemente comezou a
producir a cooperativa de Cercio.
Por outro
lado, o tamén Secretario Xeral dos Socialistas lalinenses fixo unha contundente
aposta pola integración das diferentes sociedades agrarias. Indicou ao respecto
que o Partido Socialista “propón a integración das cooperativas a nivel
lalinense e comarcal como modelo que reforce a capacidade negociadora dos
gandeiros ante a industria” e que “poña en valor os produtos da nosa terra para
que sexan competitivos noutros mercados e así poder vivir do que nós producimos
e transformamos”. O socialista prometeu que dende a súa organización se traballaría
por acadar estes obxetivos “ao contrario do que leva facendo todos estes anos o
Partido Popular, que deixa completamente de lado aos gandeiros e só busca
atomizar o sector”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario