PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 5 de mayo de 2015

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O GASTO DE MÁIS DE 95.000 EUROS NA CREACIÓN DO GIS DA PÁXINA WEB DE DEPODEZA



·        González Casares destacou o “incomprensible” deste gasto, pois ao igual que a web “é unha chapuza”.
·        O candidato á Alcaldía sinalou que a empresa que executou o Gis estaba ao cargo de Xaime Garaboa, “unha persoa moi ben relacionada con Román Rodríguez”.

O Partido Socialita de Lalín segue destapando cifras do despilfarro de diñeiro público que se levou a cabo co proxecto Depodeza, que ata a data de hoxe aglutina pagos certificados por un valor de 5,6 millóns de euros, dos que unicamente 250.000 foron destinados a empresas locais.
 Dentro da “barbaridade” que supoñen os gastos saídos deste proxecto hai algúns que destacan especialmente pola súa incoherencia. Deste xeito, o candidato á Alcaldía de Laín, Nicolás González Casares, destacou que a “descoñecida páxina web de Depodeza custou entre a súa creación e a dotación de contidos, un total de 300.000 euros”. Unha web que ademais está incompleta, porque non mostra gran cantidade dos contidos e outros dos que si aparecen están incorrectos, xa que, por exemplo, se posiciona  no Deza, a través de imaxes, o Castro de Santa Tegra. Pero González Casares dirixiuse no día de hoxe en especial ao Sistema de Información Xeográfica (GIS) que contén dita páxina e que tivo un custe de 95.227,04 euros. Para o socialista estes datos son “un auténtico disparate e un dispendio de fondos que non repercuten para nada na cidadanía”. González Casares manifestou o “incomprensible” que resulta o gasto no GIS xa que como sinalou, “ao igual que a páxina web é unha auténtica chapuza, pois simplemente mostra imaxes de Google Earth, algo que pode facer calquera”. O alcaldable sinalou ademais que foi elaborado pola empresa Signo, dirixida por Xaime Garaboa, “unha persoa moi ben relacionada co actual conselleiro Román Rodríguez, que aínda que xa non existe foi a beneficiaria deste gasto desproporcionado”.

 González Casares concluíu facendo fincapé en que “os gastos de Depodeza se achegan a unha estafa á cidadanía” e inicdíu en que “parece que se rin de nós xa que Lalín non se beneficiou en nigún modo de tal derroche”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario