PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 3 de mayo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA DENUNCIA QUE SE LLE PAGUE A ESTANCIA E OS DESPRAZAMENTOS A DETERMINADOS COMENDADORES DO COCIDO





·        O Concello gastou casi 1.000 euros nun só Comendador entre a capa, a viaxe e o aloxamento.
·        Os socialistas consideran este feito como unha “estafa á cidadanía”.


 O Partido Socialista de Lalín tivo acceso recentemente a novos datos relacionados coa Encomendo do Cocido que destapan, unha vez máis, o despilfarro de fondos públicos que o Concello aporta para este cometido a pesar de ser  a Encomenda unha asociación que nada ten que ver coa administración pública municipal.

 Os Socialistas fan fincapé no gasto de máis de 50.000 euros que, dende o ano 2002 se fixo nas capas da Encomenda e que, a excepción duns 6.000 euros pagados por Turismo Rías Baixas, foron afrontados integramente polo Concello. Pero a dilapidación de diñeiro non queda só neste punto, senón que os socialistas recollen agora que, aparte dos 3.267 euros gastados nas capas da Encomenda deste ano, tamén se lle pagou “a  determinados Comendadores” a estancia en Lalín e os desprazamentos, tanto en taxi coma en avión, un feito que dende o Partido Socialista de Lalín califican como un “roubo á cidadanía ademais dun claro uso fraudulento de fondos públicos”.

Neste senso o concelleiro socialista Cristóbal Fernández sinalou como no ano actual aos gastos das capas (3.267 €) se lles suman “os gastos de determinados Comendadores ao que se lle paga o voo (178,1 €), o aloxamento (156,20 €), e mesmo os desprazamentos en taxi (273,33 €), o que supón un total para un só Comendador de 607,53 €, máis de 100.000 das antigas pesetas, ademais da capa (326,70 €)”. Isto reflicte que os cidadáns de Lalín tiveron que aforntar o pago de case 1.000 euros nun único Comendador, un feito que os socialistas consideran “un disparate e unha estafa aos veciños de Lalín”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario