"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
O PSDEG DE LALÍN AFIRMA QUE CRESPO ENGANA AOS CIDADÁNS CO DA PLANTA DE GAS,XA PROXECTADA HAI ANOS
* “É lamentable que teña que recorrir a cousas comprometidas dende hai anos por empresas privadas para tapar a calamidade da súa xestión municipal” afirma González Aller.
* Os socialistas demostran que o interese en facer a planta xa empezou en 2008 sen que mediara en nada o alcalde.
* “Parece que agora xa fala de tirar ao lixo a caldeira recén posta na nova piscina” lembran dende o PSdeG-PSOE
Os socialistas lalinenses lembraron hoxe que Crespo segue a vender fume pois a calamidade da súa xestión non da para mais e con tal de tratar “o timo indecente e noxento que supón o rescate do Lalín Arena para os lalinenses recorre cousas que veñen xa de vello”
Así González Aller demostrou que xa hai anos que varias empresas que comercian gas veñen interesándose por facer unha planta para distribuir gas natural en Lalín “en principio foi Endesa Gas no ano 2008 que xa pretendía daquelas investir 5,1 millóns de euros en Lalín e A Estrada” (ver El Correo Gallego de 13/06/2008)” e posteriormente no ano 2011, “Gas Galicia filial de Gas Antural, tras os cambios producidos en Endesa e Gas Natural coa compra de Unión Fenosa, é quen segue interesada no proxecto como noutras moitas vilas de Galicia da entidade de Lalín” e sinala que no DOGA de 4 de novembro de 2011 xa se pode consultar información relativa ao proxecto.
Os socialistas alégranse pola chegada desa planta de gas pero afirman que o alcalde “non ten nada que ver na decisión nin tivo a mais mínima influencia nela” e lamentan que “no que vai de lexislatura non fixo nada mais que empeñar e afundir a Lalín , económica e deomgraficamente ,polo que non sabe xa de que falar ou vender”.
Lamentan que incluso xogue coa ilusión da xente como xa fixo “coa Brilat ou mesmo con Mercadona,pero a realidade é que os cidadás que sufren non lle importa moito, pois para él a solidaridade é comer chuletóns”.
Por outra banda os socialistas afirman que unha proba indicutible de que Crespo non tivo ningunha responsabilidade nin influencia no da planta de gas “é que acaba de cambiarse a caldeira da piscina para adaptala aos consumo de pellets, ou sexa
que non pode queimar gas polo que ou non ten nada que ver ou non se entera e despilafarrou novamente cartos e non esperou pola planta de gas”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario