PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 30 de diciembre de 2013

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA LAMENTA A INUTILIDADE DO CONCELLEIRO ANTONIO RODRÍGUEZ OS PROBLEMAS DE INUNDACIÓNS EN BENDOIRO




-      “Se non é capaz de negociar con Augas de Galicia do seu mesmo signo político mellor que abandone a súa dedicación exclusiva” afirman os socialistas lalinenses.
-      “Os veciños o que queren son solucións e non inundacións” lamentan os concelleiros do PSdeG-PSOE

 Os socialistas lalinenses cargaron hoxe contra “as excusas de mal pagador do concelleiro Antonio Rodríguez” polas súas declaracións relativas ás recentes inundacións producidas no lugar de A Laxe en Bendoiro e que se repiten de xeito frecuente.

 Dende o PSdeG-PSOE lamentan que “so saben botarlle as culpas a Augas de Galicia e non asumen a súa propia inutilidade pois nin tan siquera son quen de negociar ou acordar cun organismo que depende da Xunta e que son da mesma cor política”.

 Para os concelleiros socialistas Beatriz García e Francisco Donsión “se coa súa dedicación exclusiva non é capaz de solucionar estes temas será mellor que a abandone e teña vergoña de cobrar por non facer nada polos veciños” e afirman que “se é certo o que di de Augas de Galicia o que queda claro é a falta de peso político instalada hoxe no Concello de Lalín,pois a Consellería está ocupada polos populares “ e afirman que “o conselleiro do ramo, Agustín Hernández, a Crespo e os seus concelleiros como Rodríguez so os quere para que inviten a Cocidos,pois logo non fai nada por Lalín”.

 Os socialistas insisten en que “o Concello debe mostrar verdadeira vontade en resolver o problema e non botarlle a culpa a outros organismos ou a que os veciños son reinvindicativos,pois están no seu dereito ao ver que se lles inundan as casas”

No hay comentarios:

Publicar un comentario