PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de diciembre de 2013

GONZÁLEZ ALLER AFIRMA QUE É DE TOLOS FACER UNHA CORTE PARA 9 PORCOS E QUE CUSTE 54.500 EUROS DE DIÑEIRO DOS CIDADÁNS



* “Semella que non hai nada mellor en gastar os cartos,a xente non da pagado a hipoteca e Crespo a facer cortes de luxo” denuncia González Aller.
* “Todo o que pasa arredor do Concello de Lalín a día de hoxe é indecente” sinalan os socialistas.

Para os socialistas a “porca ocorrencia do alcalde José Crespo está chegando moi lonxe e hai que parar xa dunha vez as súas estupideces políticas” e sinalan que “a broma do Lalaino é unha tomadura de pelo á xente que está sufrindo a dureza dunha crise longuísima”.

“Agora enteirámonos de que van facer unha corte para 9 porcos e vai custar 54.500 euros, como político local caéseme a cara de vergoña e extráñame que a xente non ande a paos con nos polas rúas” reflexiona o voceiro socialista lalinense quen sinala que “nestes tempos facerlle unha vivenda de 6000 euros a cada porco parece mais unha broma pesada”.

González Aller considera que Depodeza é unha mostra de como “despilfarra fondos europeos en cousas sen sentido , un auténtico desprezo” e afirma que “os veciños de Lalín que cada vez son menos teñen serias difcultades para pagar as súas hipotecas ,pero o seu alcalde mentras promove vivendas de 6000 euros para porcos”.

Os socialistas entenden que “todo o que está pasando arredor do Concello de Lalín é un esperpento, Crespo e o seu equipo de goberno están facendo en Lalín políticas indecentes, todo o que está a pasar arredor do Concello de Lalín é indecente e o seu alcalde é o cabecilla da indignidade local”. González Aller lembra a indignidade que supón o do Lalín Arena, os líos na piscina, as subidas de impostos desproporcionadas, a despoboación brutal,o Parking...”é o alcalde criando porcos de ouro”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario