PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de diciembre de 2013

OS SOCIALISTAS LALINENSES CONSIDERAN LEVARÁN Á PLENO A SÚA POSICIÓN CONTRARIA ÁO PAGO DOS DANOS DO XABARÍN POLOS GANDEIROS



* “O PP parece que perdeu a cabeza e queremos saber se Crespo apoia este novo desatino dos seus compañeiros” sinalan dende o PSdeG-PSOE loca
* Os socialistas esixirán “que haxa de verdade unha política do monte que conte con realidades como a de Lalín2

Os socialistas lalinenses afirmaron hoxe que o PP está cometendo un novo desatino cos intereses gandeiros e “non deixa de meter a pata xornada tras xornada, pois non colle en ninhunha cabeza que se queirafacer pagar aos gandeiros os danos que produce o xabarín”.

“Consideramos case unha persecución esa proposta pois quen de verdade sufre os danos son os propios gandeiros , está claro que na Xunta perderon a cabeza e so buscan danar ao Medio Rural ata a desaparición dos seus medios de vida” sinalan os socialistas locais.

Afirman que levaran este asunto a Pleno tras as intervencións parlamentarias de membros do PP na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia “queremos coñecer a postura de Crespo e do seu concelleiro de Medio Rural, pois os dous poñense moi gallitos cando falan de defender un dos principais sectores de actividade da zona pero a hora da verdade calan e outorgan ante as intencións dos seus xefes”.

Dende o PSdeG-PSOE local sinalan “que veremos cal é a súa opinión , se de verdade están a fvaor dunha política galega que defenda o rural ou polo contrario optan polo exterminio do mesmo” e lembran o sucedido coa empresa Alimentos Lácteos “onde todos os galegos puxemos millóns de euros que foron dilapidados e agora non hai solucións”

Os socialistas indican que “hai que ser moi coidadoso co sector gandeiro e o sector lácteo, neste momento é un dos poucos piares que sostén a endeble situación económica de Lalín, e non podemos permitir que o PP o volva vulenrable” e indican que a solución para o xabarín e os seus danos “pasa por un acordo entre Xunta, cazadores e gandeiros, con políticas agroforestais claras e deicididas e control cinexético, pero non ir improvisando cada día e ter claro que os gandeiros son as vítimas da situación”

No hay comentarios:

Publicar un comentario