"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
O PSOE DE LALÍN DENUNCIA QUE O PP QUERE DEIXAR AO CONCELLO SEN SERVIZOS SOCIAIS
* González Aller :”onde está o Crespo municipalista que defendía as competencias do Concello, agora non se lle escoita defender a Lalín”.
* Afirman que a dereita “plantexa os servizos sociais como benefecencia e canto mais lonxe do cidadán mellor”.
* “Se caemos dos 20 mil habitantes coa nova Lei non teremos ningunha competencia en servizos sociais” afirman os socialistas.
Os socialistas lalinenses denunciaron hoxe a intención do PP de roubarlle as competencias sobre servizos sociais aos Concellos e traspasarllas á Comunidade Autónoma no que sería unha inxerencia municipais sen precedentes.
Nese proxecto de Lei de Bases de Réxime Local que perpetra o PP entre outras consecuencias nefastas para a autonomía municipal estaría sen ningunha dúbida “deixar a Lalín sen competencias asistencias nos servizos sociais, quitarlle aos Concellos unha das súas razóns de ser que é estar cerca dos cidadáns e atender as súas necesidade mais básicas”.
Os socialistas lamentan que “xa nos está tardando escoitar a voz de Crespo, fixo toda a súa vida o postureo do municipalismo pero agora que de verdade hai que dar a cara, parapétase no seu partido é indecente” e lamentan que o alcalde lalinense “que anda a outras cousas moi diferentes que a defender aos seus veciños” agora está desaparecido nunha loita que quere acabar con anos e anos de traballos nos Concellos.
González Aller sinala “que non nos sorprede que a dereita rancia de Madrid quiera deixarnos sen servizos sociais, o lamentable é que atoparan a un cómplice como Crespo que cala e outorga, cando na FEGAMp outros alcaldes populares sí mostraron o seu malestar” e afirman que “esta dereita da caverna quere uns servizos sociais como beneficencia non como dereitos adquiridos do cidadán polo que trata de alonxala o máximo posible dos veciños trasladando unha competencia de proximidade ao ámbito autonómico”.
Ademais os socialistas indican que “se entroncamos este proxecto de Lei coa dramática caída demográfica que está vivindo Lalín observamos que ese novo Proxecto de Lei prevé deixar aos Concellos de menos de 20.000 habitantes sen ningunha competencia en servizos sociais que atendan aos eus cidadáns”.
Así os socialistas lalinenses levarán ao Pleno unha moción para que o Concello de Lalín mostre a súa oposición frontal a este proxecto de Lei e se vexa se de verdade o alcalde lalinense defende a Lalín e a súa autonomía municipal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario