"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
GONZÁLEZ ALLER VE UN EXCESO DE CELO RECAUDATORIO NAS MULTAS EN LALÍN PARA PAGAR AS HIPOTECAS DE CRESPO
* Considera que Crespo “tirou os cartos investidos na bicicletas, son unha auténtica ruína”
Os socialistas lalinenses ven con moita crítica que se superen con creces os ingresos previstos polas multas na zona ORA e pola Grúa municipal e acusan ao Goberno Local dun exceso de celo para mellorar a recaudación.
González Aller afirma que “todos coñecemos casos que por esquecerse 5 minutos do disco ou por pasarse un pouco tempo foron multados” e lembra que o espírito da zona azul “non era recaudar se non que tivera un efecto disuasorio e permitira a rotación de vehículos nas zonas de estacionamento do centro urbán”. Para os socialistas ese obxectivo”vaise conseguindo ,a pesares da ineptitude do goberno local de dotar a Lalín de aparcamentos e non cremos que se deba traspasar a presión recaudatorio que é evidente no noso Concello tamén ao momento de aparcar o coche”
Para os socialistas “estes aumentos desmesurados da recaudación por multas,que case duplicaron nalgún ano o previsto, están motivados pola necesidade que promove o alcalde de aumentar a presión sobre os veciños para que paguen as hipotecas e gastos desmesurados nos que os meteu”.
Por outra banda os socialistas mencionan “o evidente fracaso dos servizo de bicicletas que so serveu para enterrar cartos de todos e todas os lalinenses durante anos e que as bicicletas se vaian desfacendo nas rúas”.”Con 100 euros ao ano difíclmente se recuperan os case 200 mil que se levan gastado” e lembran que “xa empezaron con polémica coa cesión do contrato de mantemento á empresa dun irmán dun concelleiro e logo foron comendo pouco a pouco diñeiro público que non está sendo recuperado”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario