"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
OS SOCIALISTAS LALINENSES ESIXIRÁN NOVAMENTE MEDIDAS DE SEGURIDADE,ILUMINACIÓN E CONTROL NO PASEO DO PONTIÑAS
* “Levamos tempo avisando dos problemas que se producen pero no goberno municipal está instalada a nugalla” sinalan os socialistas.
O PSdeG-PSOE de Lalín reclamará novamente que haxa vixiancia e control no Paseo do Pontiñas tras o recente ataque dun can a unha muller que paseaba por ese entorno público. O Grupo Municipal Socialista leva moito tempo ,moitas mocións,rogos e preguntas plenarias reclamando que haxa mais seguridade no Pontiñas pero o goberno local mira para outro lado.
Así os socialistas lembran que xa houbo varios atropelos no carril bici e caídas provocadas pola falta se deguimento das normas e resulta demasiado frecuente atopar cans soltos que poden poñer en risco a ciclistas e peóns. Asimesmo lamentan que dende o PP se faga caso omiso a todas estas peticións mentras os sucesos continúan pois non é a primeira vez que un can morde a alguén ou fai caer a algún ciclista
En primeiro lugar os socialistas reclaman unha cartelería clara que explique as normas de uso no Paseo do Pontiñas, para que os peóns sexan plenamente conscientes das obrigacións e dos riscos que supón non acatar as normas. Manuel González Aller lamenta “a nugalla do goberno local” que so se preocupa de vender fume e despilfarra cartos mentras esquece os problemas reais.
Finalmente os socialistas recalcan o problema continuado da iluminación a primeiras horas da noite e que Crespo e os seus “pasan de todo ata que volva a haber outro disgusto” e lembran que se alguén se alguén se lesiona no Parque por falta de iluminación o Concello pode ser denunciado por responsable subsidiario
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario