PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de diciembre de 2013

OS SOCIALISTAS LALINENSES CUALIFICAN OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE NEFASTOS E DECEPCIONANTES PARA LALÍN




* “Son un auténtico menosprezo aos lalinenses, supoñemos que Crespo poñerase a traballar para emendalos” afirma González Aller
* “O CAR desapareceu para o PP, da peaxe da AP-53 nada se sabe ,son desastrosos” inciden dende o PSdeG-PSOE local.
* “Román Rodríguez leva tres anos enganando coas partidas xenérica e aquí non se executa nada,xa está ben de mentir”

Os socialistas lalinenses cualificaron hoxe os orzamentos da Xunta como “un torpedo á línea de flotación da nosa vila, son nefastos , decepcionantes e minan calquera posibilidade de recuperación de Lalín”

Para González Aller estes orzamentos significan que “para o PP de Feijóo Lalín e un sitio so para comer ,son un auténtico menosprezo aos lalinenses,supoñemos que Crespo estará traballando xa para emendalos e que o parlamentario Román Rodríguez levara esas emendas ao Parlamento para evitar esta tomadura de pelo á nosa vila por parte do PP”.

Para os socialistas “Feijóo so quere a Lalín para vir de papatorias pero logo frea todos os seus investimentos” e lamentan o pouco poder de Crespo “ pois non é capaz de conseguir nada,vaiselle toda a forza pola boca ,por moito que lle fai a pelota e o invita a comer e a inauguracións repetidas”.

Os socialistas constatan no proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2014 que “xa se esquecen definitivamente do CAR evidenciándose que non van facelo xamais ,non pretenden rebaixar nunca a peaxe de Lalín a Santiago e mesmo falan de rescatar concesións con mais custes para os cidadáns” e lamentan que “estea paralizada a ampliación do Polígono Lalín 2000, sabemos que non se precisa agora mesmo a cuarta fase pero polo menos deberan pagar as indemnizacións pois aos veciños de Filgueira sí que lles cobran eses impostos como solo industrial”

González Aller tamén lle da un toque ao diputado Román Rodríguez do PP “que leva ano tras ano dende a chegada do PP á Xunta enganando aos lalinenses con partidas xenéricas que logo nunca aparecen ou nunca son executadas” sinalando que “é un
experto en tomarlle o pelo aos seus veciños ,non debería seguir mentindo pois a hemeroteca deixa ben claro que nada do que anunciou se fixo como por exemplo a ampliación do Polígono para o ano 2010 ou o CAR do que anunciou a súa construción en 2011”

No hay comentarios:

Publicar un comentario