"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN “QUE SE DEMOSTRA QUE A COMPRA DO LALÍN ARENA É UN TIMO E UN RISCO INNECESARIO PARA LALÍN
* “Endebedarse dese xeito e que nada sexa para paliar a crise é indecente coa que está caendo e pon en perigo ao Concello” sinala González Aller
* Afirman que “o Plan de Viabilidade sostense nun principio falso: Gaia non entrou en situación concursal”
* “Lalín quédase sen posibilidade algunha de endebedamento nin investimentos ante calquera continxencia” afirman os socialistas
A necesidade de presentar un Plan de Viabilidade Municipal ante o Ministerio de Facenda é para os socialistas lalinenses “a constatación da barbaridade que supón o despilfarro no que Crespo nos mete co Lalín Arena, hai que darlle contas a Madrid porque imos gastar so neste ano case 7 millóns mais do ingresado”
Para González Aller ,voceiro socialista, este gasto en primeiro lugar é “un risco innecesario para a nosa vila, non aporta nada pois a construción xa está feita e so vale para pagar o fracaso político do seu promotor,Crespo, pero cos cartos dos petos dos lalinenses”. Os socialistas, que valorarán proximamente a nova e descarnada suba do IBI, consideran que “estase exprimindo aos cidadáns para pagar os luxos do faraón”. “Endebedarse dese xeito e non paliar o paro nin axudar ás familias é completamente indecente e quen o leva a cabo non pode ser alguén mais fora da realidade e das necesidades dos seus veciños, danos verdadeiro noxo o que está perpetrando Crespo”
Por outra banda González Aller acusa ao PP de “presentar un Plan de Viabilidade baseado en premisas falsas e que non son realidade, parece mesmo un intento de enganar ao Goberno de Madrid” pois di que “podería producirse unha situación de insolvencia de Gaia que comunicou ao Concello a súa situación de pre-concurso alá polo mes de febreiro e se agachou á opinión pública e aos concelleiros municipais”. Pero como relata Aller “en ningún momento Gaia chegou a esa situación de concurso de acreedores e hoxe non consta que Gaia estea nesa situación polo que entendemos que fai un negocio redondo cos 7 millóns de euros que Crespo lle entrega”
Por outra banda para González Aller “a situación de risco é mais que evidente, Lalín non vai poder endebedarse ante continxencias: se houbera que pagar algunha
indemnización como no caso do Parking ou ante a concesionaria da auga non sabemos cómo se vai facer, ademais de que Lalín con esta decisión está condenada a non investir durante anos”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario