"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
OS SOCIALISTAS LAMENTAN O TRATO E FAVOR QUE CRESPO LLE DOU DURANTE ANOS AO RECÉN CONDENADO CONDE ROA.
* Lembran que o Concello perdoulle o 90% do ICIO dunhas vivendas que foron unha vergoña.
* “Os dous xuntos inventaron aquelo de Galicia Central que so sirveu para cuchipandas e tirar diñeiro dos lalinenes” afirma González Aller
Tras a recente condena a dous anos de prisión do ex-rexedor santiagués Conde Roa por fraude fiscal, os socialistas lalinenses lembran o trato de favor que Crespo lle dispensou ao seu amigo e compañeiro de fatigas a cargo de todos os lalinenses.
González Aller lembra que “tras unha mais que dubidosa adxudicación de vivendas sociais á empresa de Conde Roa alá polo ano 2005 e que resultou un fraude aos lalinenses” comezou unha intensa relación entre o alcalde lalinense e o ex-rexedor compostelán. Como é sabido as vivendas foron un fiasco, con continuos retrasos e incumprimentos que foi provocando que moitos mozos interesados renunciaran á vivenda adxudicada. “Lamentable e inexplicablemente naquel concurso quedaron fora empresas lalinenses de sobrada solvencia”l lembran dende o PSOE.
Posteriormente e ante a evidencia de que Conde Roa non pagaba “fíxose todo o posible para reducirlle os seus impostos, de tal xeito que ata lle chegaron a perdoar o 90% do ICIO, evidenciando así que importaba mais Conde Roa que calquera cidadán de Lalín”. Pero o trato de favor non rematou con ese chanchullo pois “con fondos do Plan E o goberno local aproveitou a obra de arranxo da parcela destinada a Centro de Día para arreglarlle a entrada aos garaxes ás vivendas de Geslander”.
A fructífera relación de Crespo e o condenado Conde Roa tamén quedou manifesta “cando entre os dous inventaron aquel engano de Galicia Central que hoxe nin se sabe para qué valeu pero que comeu cartos para cuchipandas entre o alcalde lalinense e o ex-rexedor compostelán”
Tamén os socialistas sinalan que a amistade entre Crespo e Conde Roa e as evidentes coincidencias entre ambos e materia de “ocorrencias disparatadas” levounos a pedir “unha quinta provincia que incluiría a Santiago e a Lalín, nunca se soubo mais desa mentira que debeu agromar nalgunha mesa dalgún caro restaurante compostelán” pero o certo e que entre os dous se comprometeran a rebaixar a peaxe da AP-53 como primeira medida “e esa peaxe non fixo mais que encarecerse dende aquel día”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario