PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 26 de diciembre de 2013

O PSOE DE LALÍN DENUNCIA OS DESNORDAMENTOS EN BENDOIRO POLA NEGLIXENCIA MUNICIPAL



-      Os socialistas lamentan que se repitan “problemas reclamados polos veciños hai tempo e coñecidos polo alcalde”.
-      O Grupo Municipal Socialista levara o asunto ao Pleno do Concello

Os socialistas lalinenses a través dos concelleiros Beatriz Iglesias e Francisco P. Donsión, denunciaron hoxe os desbordamentos producidos no Río Mosqueiros en A Laxe.

 Segundo os socialistas trátase da consecuencia “non so da crecida do río se non da nefasta política de obras públicas levadas a cabo polo Goberno Municipal que se poñen de manifesto en canto chove un pouco” e lembran que “estas inundacións son bastante frecuentes e o Concello de Lalín mira para outro lado,sabendo que ese regato recolle agora as augas provintes das canalizacións da AP-5 e do Polígono Lalín 2000”.

 Como din dende o Grupo Socialista “este problema é ben coñecido polo alcalde e polo concelleiro do rural, xa se reclamou en ocasións por parte dos veciños  que se tomaran medidas pero o único que fan é poñer parches que non solventan nada”.

 Como se pode ver nas imaxes que acompañan a nota, a auga desbordouse do río e afectou as casas próximas e a galiñeiros e outras dependencias, ademais de cubrir as calzadas da zona e chegar ata o Albergue de Peregrino de A Laxe.

 Os socialistas reclámanlle ao alcalde que “ se deixe de xogar a criar novas razas de porcos  e se centre de verdade nons problemas dos veciños, que non é todo derramar o diñeiro no Lalín Arena, hai outras prioridades da vida diaria que hai que atender”

No hay comentarios:

Publicar un comentario