PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 18 de diciembre de 2013

OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE NINGUÉN DESACREDITOU MAIS AO LALÍN ARENA QUE O ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS




-      “Fixeron unha infraestrutura de xestión innovadora que hai que rescatar, sobredimensionada, chanchullean cos postos de traballo,a responsabilidade do fiasco está clara” afirma González Aller.
-      Lamentan que unha infraestrutura feita para 40 anos ao cabo de tres ten danos estruturais graves.

 Os socialistas afirman que “é lamentable que o actual concelleiro de Deportes descoñeza as responsabilidades do Goberno Local en todo o fiasco do Lalín Arena e a futura compra do mesmo por 7 millóns de euros a unha empresa de fora”.

 “Debería facer memoria, fixeron unha estrutura sobredimensionada como afirma o futuro xerente, dicían que a xestión ía ser innovadora, e foi tan innovadora que foi un desastre que agora van pagar os cidadáns de Lalín cunha presión fiscal brutal”.

 Ademais lembran os socialistas que “ a estafa que se está perpetrando é gravísima pois un edificio que dicían que era para un mínimo de 40 anos ao cabo  de 3 se lle descubren graves danos estruturais que hai que solventar”. Pero dende o PSdeG-PSOE local lembran que as políticas do chanchullo do PP incluían comprar a vontade dun xerente para que pechara o seu local que lle facía competencia, pero iso saeulles mal, a mostra inequívoca de que os responsables de calquera fiasco do Arena son todos do PP e están comandados en responsabilidade polo seu alcalde.

 Así González Aller recoméndalle aos populares “que menos chanchullos e mais xustiza social, que están tirando os cartos dos lalinenses en pagar varias veces o Lalín Arena mentras hai xente que ten que pdeir axuda para comer”

No hay comentarios:

Publicar un comentario