PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 12 de diciembre de 2013

O PSDEG DE LALÍN DENUNCIA QUE “É INDIGNO DICIR QUE HAI 600 LALINENSES QUE PRECISAN AXUDA PARA COMER E DEDICAR 7 MILLÓNS DE EUROS AO LALÍN ARENA”.

  • Xa sabemos cal é a política contra a fame de Crespo: facer apostas,papar chuletóns e logo entregar cheques de forma populista” afirma o voceiro socialista
  • Esperamos que no maratón solidario no Arena lles expliquen aos participantes canto se dedica a infraestrutura e canto a paliar a pobreza” reclaman os socialistas.

Os socialistas lalinenses cuestionaron duramente as políticas sociais de Lalín “centradas unicamente na beneficencia e na caridade,non en atacar de raíz os problemas de pobreza aos que nos etamos enfrontando e deixalo todo en mans da boa vontade dos cidadáns”.

Non sabemos cómo non se lles cae a cara de vergoña anunciando que hai 600 persoas que precisas axudas para comer en Lalín e ao mesmo tempo dedicarlle 7 millóns de euros para comprar o Arena” e afirman “que non nos podemos calar en denunciar esta indignidade, con eses recursos dos nosos impostos poderíanse poñer en marcha políticas sociais de envergadura e non esmolas”.

González Aller afirma que “mentres en Lalín haxa una alcalde que lle da mais importancia a facer cortes de 6000 euros por porco que a resolver os graves problemas aos que nos estamos enfrontando pouco hai que facer salvo a loita e a denuncia continuas”. “Xa sabemos cal é a política contra a fame de Crespo: facer apostas,papar chuletóns e logo entregar alimentos de forma populista” afirma o voceiro socialista ,quen lembra que “iso non é nin caridade, é poítica interesada propia do terceiro mundo”.

Ademais os socialistas reclaman que “a concelleira Paz Pérez e o concelleiro Varela,que xa tarda en deixar o seu cargo, expliquen aos particpantes no maraton deportivo solidario que se vai celebrar no Lalín Arena canto lle dedica o seu goberno a esa infraestrutura e canto á loitar contra a fame no Concello de Lalín”

No hay comentarios:

Publicar un comentario