PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O PSDEG-PSOE DE LALÍN ADVIRTE DUNHA CAÍDA BRUTAL DA POBOACIÓN ACTIVA XOVEN EN LALÍN NOS ÚLTIMOS TEMPOS



* Os socialistas preguntarán polos resultados da campaña para salvar os 20.000 habitantes no censo.
* “Case toda a caída do censo explícase polo descenso de poboación entre os 15 e 45 anos e Crespo non fai nada” denuncia Nicolás González Casares.

Os socialistas lalinenses advertiron do que consideran unha caída brutal da poboación activa xoven en Lalín que non se pode achacar simplemente ao envellecemento demográfico e que demostra que “a xente nova está emigrando de Lalín”.

POBOACIÓN ENTRE 15 E 45 ANOS

2009: 8762 (41% DE UN TOTAL DE 21254)
2010: 8627 (40,6% DE UN TOTAL DE 21216)
2011: 8455 (39,7% DE UN TOTAL DE 21273)
2012: 7967 (39% DE UN TOTAL DE 20409)

CAÍDA DA POBOACIÓN DE ENTRE 15 E 45 ANOS DENDE 2009 ATA 2012: -906
CAÍDA DA POBOACIÓN TOTAL DENDE 2009 ATA 2012: -721

Á luz destes datos os socialistas consideran que a caída do censo en Lalín está moi ligada á marcha da xente nova en idade de traballar, pois o descenso dos habitantes entre 15 e 45 anos (-906) é incluso maior que o do descenso absoluto da poboación (-721)

Para o Secretario Xeral dos socialistas lalinenses este dato é “tremendamente negativo, non sei se o coñecen no Concello pois coa nugalla para os temas importantes que alí está instalada non se paran a analizar o que sucede en Lalín pero de seguir así entraremos na ruína demográfica”. Nicolás González Casares sinala que “este sector de idade está escapando de Lalín e Crespo mira para outro lado, mais preocupado en inaugurar repetidamente o Concello ou estafar aos lalinenses coa recompra do Lalín Arena”

Para os socialistas lalinenses esta situación que cualifican de “desbandada demográfica ante unha política rancia de enchufismo e desigualdade practicada polo PP” está convertindo Lalín nun lugar pouco atractivo para a xente nova e provocando que camiñemos inevitablemente cara a baixada fatídidica dos 20.000 habitantes.

Por esta razón o Grupo Municipal Socialista preguntará no vindeiro Pleno en qué situación está a tan pregoada campaña do goberno municipal para censar lalinenses. “Dicían que había unhas 1100 persoas sin censar, é o momento de que digan se era verdade ou unha simple excusa para tirar adiante e exponga os seus resultados pois din que levan con esta campaña dende principios de ano”.

Tamén lamentan os socialistas que “non fixeron nada do que anunciaron para conseguir fixar poboación, falaron de promoción de emprego pero non fixeron absolutamente nada ou de rebaixas fiscais pero o certo é que o IBI non deixou de subir e acada niveis propios de grandes cidades”

No hay comentarios:

Publicar un comentario