"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
PREGUNTAS QUE PRESENTA O CONCELLEIRO ABAIXO ASINANTE NO PLENO ORDINARIO DE DECEMBRO POR IMPEDIRLLE O ALCALDE, VULNERANDO A LEGISLACIÓN DE RÉXIME LOCAL, A SÚA FORMULACIÓN NO PLENO ORDINARIO CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO
Recentemente tivemos coñecemento da adquisición por parte do concello de varios exemplares de carballo, en concreto da variedade quercus palustris, por un importe total de case 8000 €, a un prezo de 470€ cada un, a unha empresa catalana.
En relación con este tema, formúlanse as seguintes preguntas á Alcaldía:
1ª.-¿Considera a alcaldía que é un gasto absolutamente necesario, especialmente nesta situación de crise?
2ª.- ¿De quen foi a idea?
3ª.- ¿Cal vai a ser o destino seses carballos?
4ª.¿Como se xustifica que se recorra a empresas de fóra de Galicia para esa adquisición?.
ROGO QUE PRESENTA O CONCELLEIRO ABAIXO Ó PLENO ORDINARIO DE DECEMBRO POR IMPEDIRLLE O ALCALDE, VULNERANDO A LEGISLACIÓN DE RÉXIME LOCAL, A SÚA FORMULACIÓN NO PLENO ORDINARIO CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO.
No transcurso do pleno ordinario do mes de novembro, a alcaldía queixouse repetidas veces de que na zona rural se levaba ós contedores demasiada cantidade de lixo que non debería levarse e que facía moito mais custosa a recollida do lixo. Se ben é certo que nalgúns casos se produce iso con determinados restos de residuos agrícolas e forestais, tamén é certo que acaban nos contedores de lixo gran cantidade de papel, de cartón e de vidro que deberían estar nos contedores específicos de papel e de vidro se realmente existiran na zona rural. En consecuencia, e coincidindo coa necesidade de concienciar a toda a vecindade da necesidade de levar ó contedor a mínima cantidade de lixo posible, resulta absolutamente necesario nesa liña de dotar a todas as zonas rurais que non dispoñan deles, de contedores de papel-cartón e de vidro, para que se poida facer a recollida selectiva deste tipo de lixo, reciclala e en definitiva reducir a cantidade de lixo que vai a Sogama. Por todo o exposto, formúlase á Alcaldía un ROGO para que se dote ás zonas rurais, á maior brevidade posible de contedores de cartón e de vidro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario