PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE LALÍN RECLAMA O ARANXO DOS DESPERFECTOS DO PONTIÑAS E A SÚA ILUMINACIÓN

* Sinalan que “reclamamos en moitas ocasións un plan de xestión do Pontiñas”
* “Mentres o Concello está iluminado para o gusto do alcalde,no Paseo a xente vai as apalpadas” manifesta Beatriz García.

O Grupo Municipal Socialista de Lalín reclama varias cuestións relacionadas co estado do Paseo do Pontiñas.Así os socialistas lamentan o mal estado das vallas no Lago que está no Auditorio, que onte mesmo estaban todas caídas e non había nada impedindo que os nenos se puideran caer. (Logo enviamos foto).

Para os socialistas a deixadez de Crespo e o seu equipo é manifesta e van sempre a remolque “sempre fan o mesmo, esperan a que os socialistas protestemos para arranxalo, non lles importan os veciños, so o que poida sair na prensa”.

Por outra banda Beatriz García, edil socialista, reclamou o encendido das luces do Paseo nas primeiras horas da noite “polo menos ata as 22:30, pois agora está a escuras e a xente que vai pasear ou correr queixase continuamente do perigo que lles supón” ademais a concelleira socialista “lamenta a falta de previsión do Concello, pois que os días acurtanse xa se sabe ,salvo os concelleiros do Goberno Local que haillo que lembrar cada mes de outubro”.

Así os socialistas lamentan que “mentres o Concello está completamente iluminado para disfrute de Crespo, os lalinenses que queren ir ao Paseo teñen que andar as apalpadas, esas son as prioridades do alcalde: primeiro eu ,logo o resto”

No hay comentarios:

Publicar un comentario