"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
O PSDEG-PSOE DE LALÍN VALORA OS ORZAMENTOS PARA O ANO 2014 COMO “OS DA DÉBEDA DO ARENA E A DESILUSIÓN ANTE A CRISE”
* “Xa sabemos para que quería Crespo a vella piscina:para criar ratas” sentencia González Aller
* “Suben os gastos de persoal mentres caen brutalmente os investimentos” denuncian os socialistas.
Os socialistas lalinenses fixeron hoxe unha primeira valoración dos orzamentos “a falta de poder ver con detalle pois coa permanente idea de obstruir o traballo da oposición aínda os entregan en papel , moito castro tecnolóxico, moito LalínLab pero no fondo ou son uns analfabetos informáticos ou so pretenden que prensa e oposición non se enteren do que pasa”
Nesta primeira valoración os socialistas son contundentes “estes son os orzamentos da débeda do Arena e dunha desilusión nunca vista ante a crise, non hai investimentos productivos, entre persoal ,Arena ,lixo e pagar pufos vaise case o total dos orzamentos”
“É unha grande mentira que sexan orzamentos polo emprego, son orzamentos para pagar débedas dos mausoleos de Crespo mentres se sangra aos lalinenses en impostos como as brutais subas consecutivas do IBI” sinala González Aller.
González Aller non dubida en cualificar “de papel mollado o programa electoral de Crespo con aquela barbaridade de levar á Biblioteca á vella piscina” e lembra “que Crespo dixo que ía a convocar un concurso de ideas para ver qué facer co vello Concello, debeuno convocar cos mais íntimos”. “As infraestruturas de Lalín non poden depender do estado de ánimo do alcalde ,polo menos xa sabemos para que quería a vella piscina: para criar ratas,que teña coidado que non lle mordan”.
Finalmente González Aller sinala que “en plena crise e cos funcionarios co salario conxelado o persoal de confianza da alcaldía sube o seu salario en torno ao 16% e a masa salarial total tamén se incrementa mentras o total do orzamento baixa”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario