"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
O PSDEG-PSOE DE LALÍN DENUNCIA QUE O PP VAI SUBIR O RECIBO DO LIXO DUN XEITO BRUTAL O VINEDIRO ANO
* “Queremos que dende o Concello de Lalín nos digan canto vai afectar aos veciños a taxa salvaxe que impón a Xunta de Feijóo” reclaman os socialistas
* “Estamos falando que poderían repercutir entre 20 ou 30 euros nun servizo esencial nunha vila” afirman os socialistas
* “Seguimos apostando por unha planta de compostaxe comarcal que sairía moito mais económica” sinala González Aller.
Os socialistas lalinenses avisaron hoxe da brutal subida do lixo que se está aveciñando tras coñecerse que Sogama subirá o canon que pagan os Concellos de 61,5 euros por tonelada a 74,64 ,ambos IVE incluído. “O PP de Feijóo e Crespo atraca de novo a cidadanía e prevese unha suba brutal do recibo do lixo” sinalan dende o Grupo Municipal Socialista.
Os socialistas queren saber de qué xeito vai repercutir esta subida no recibo do lixo en Lalín “pois quen fixa as taxas é o Concello, o pasado luns dixeron que so subiría un 1,5% pero moito nos tememos que fixeran as contas antes de que Feijóo decidira meternos ese sablazo a todos”. Así consideran que “esas cifras dun aumento relativo ao IPC poden ser unha cortiña de fume se trasladan a subida real ou o recibo total aos cidadáns”.
“Estamos falando de que a suba podería repercutir entre uns 20 ou 30 euros na taxa anual para unha vivenda do casco urbán,pero será o Concello quen decida como atallar e trasladar esta barbaridade á que nos somete o PP” afirma González Aller. “Sexa como sexa ,por vía impositiva ou asumindo a carga o propio Concello ,está claro que a decisión do PP fai que os lalinenses perdan,pois se sube a taxa terán que pagar do seu peto e se a suba a asume o Concello haberá menos recursos para prestar servizos”
Os socialistas afirman que a “suba é debida á ineficiencia da política de residuos do PP e a rebaixa das primas a renovables que afectan tamén a enerxía que vende SOGAMA” sinala González Aller quen lembra “que foi Rajoy quen por vía de urxencia decideu cargarse as enerxias renovables e ademais facer unha suba xeral de impostos coa reforma enerxética que supón un gravamen do 7% para a venda de calquera fonte de enerxía”.
Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que “a única opción viable ademais de redución e a reciclaxe está na comarcalización da xestión dunha boa parte dos residuos” e sinala que “seguimos apostando decididamente por unha planta de compostaxe comarcal , que permita recuperar boa parte dos nosos residuos e que aforraría un dos principais custes do tratamento do lixo que é o seu transporte ata Cerceda” e afirman que de baixar dos 20 mil habitantes “empeorará a situación,pois poderíanse perder as competencias do lixo en favor doutros organismos como a Deputación”. Así o Grupo Municipal Socialista anuncia que “non nos imos cansar de levar mocións á Pleno relativas a este asunto, a loita por unha mellor xestión dos residuos non rematou tras a victoria cidadán fronte a incineradora, seguiremos na mesma posición”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario