"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito da xustiza que as anima, senón para levalas a tódalas partes". Pablo Iglesias.
PSdeG-PSOE
________________________
miércoles, 4 de diciembre de 2013
O PSDEG-PSOE DE LALÍN DENUNCIA QUEIXAS POLA PRECARIEDADE NO SERVIZO DE PEDIATRÍA* NO AMBULATORIO
* Sinalan que tras a baixa de longa duración dun especialista “so está cuberta a praza luns e xoves e os outros días hai que ir por urxencias”.
* Lamentan a escasa sensibilidade do PP cunha especialidade que consideran moi prioritaria para a atención sanitaria en Lalín.
Os socialistas lalinenses manifestaron o seu malestar tras as queixas recibidas por parte de pais e nais de rapaces usuarios do servizo de Pediatría en Lalín na que se pon de manifesto unha precarización e unha rebaixa da atención sanitaria.
Así pais e nais quéixanse que tras a baixa dun dos especialistas do centro a súa praza non está cuberta a totalidade da semana como ocorría previamente e so son atendidos polo persoal sustituto os luns e xoves e se teñen necesidade de acudir ao Pediatra outro día teñen que facelo por urxencias .
Os socialistas remarcan que as queixas non van dirixidas ao persoal sanitario que presta unha atención moi correcta e atenta aos nenos, se non a evidente precarización da Sanidade que está tendo lugar coas políticas do PP e esta é unha proba mais da nula sensibilidade da dereita cun dos servizos mais necesarios e valorados polos cidadáns.
Tamén denuncian os socialistas tras as queixas das familias que os pediatras sustitutos varían continuamente pois nesa baixa que xa é de longa duración “pasaron 4 pediatras distintos e varíannos con frecuencia” polo que pais e nais afirman que “dificulta o seguimento e o bo funcionamento pois cada vez consulta aos rapaces un especialista distinto que ten que revisar todo de novo “.Ademais os pais queixanse da discriminación que supón para ese cupo de Pediatría,pois non poen cambiar de Pediatra sen cambiar de médico de cabeceira pois o Pediatra vai unido ao cupo dos pais.
Deeste xeito os socialistas lalinenses reclaman que “se restitúa o servizo de Pediatría para ese cupo toda a semana e que se opte pola estabilidade do persoal e non pola precarización procurando que esa baixa sexa cuberta de xeito estable por unha mesma persoa”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario