PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de diciembre de 2013

PSDEG-PSOE DE LALÍN : “CRESPO É O RESPONSABLE DA FUXIDA DE LALINENSES POLO SEU DESASTROSO MÓDELO DE VILA”



* “Nin un ápice de autocrítica e sí botarlle culpa aos cidadáns dun problema que o alcalde fai medrar coas súas decisións” afirma González Aller
* “É un lastre para Lalín: un día inventa unha praia,outro fai cortes de 9000 por porco e ao seguinte compra carballos en Cataluña” sinalan os socialistas
* “Que non poña a venda antes da ferida: se non ven o CAR o PP incumpre o pactado, haxa a poboación que haxa” sentencia o voceiro socialista

Os socialistas lalinenses consideran que Crespo “é un lastre para Lalín, unha pesada carga que impide que a vila se reflote e nos afunde no mais fondo”. Estas declaracións foron feitas tras coñecerse o que os mesmos socialistas veñen apuntando hai tempo “unha caída demográfica meteórica, sen parangón en vilas deste tamaño” e sinalan que “se Lalín perde os 20 mil habitantes hai un responsable principal e chámase José Crespo”.

Os socialistas consideran “lamentable que cargue contra os cidadáns cando o culpable sentase nun despacho no alto da atalaia do despilfarro que é o novo Concello” e “semella case delictivo que diga que vai poñer a traballar aos funcionarios para que se cense á xente”. Ademais González Aller engade “hai lalinenses que viven fora que seguen censados, o mesmo que hainos que non o están e viven aquí ,o problema é que a xente nova xa non quere seguir en Lalín”.

Para González Aller “o modelo caduco, de despilfarro, de obras sen sentido dentrado mais nas necesidades do alcalde que nas dos seus cidadáns é o que explica que Lalín afunda en poboación” e sinala exemplos destes días “vai comprar carballos de 8 mil euros a empresas catalanas como se aquí non os houbera ou emepcinase en urbanizar arredor do Concello cando din que non hai cartos para iluminar o Pontiñas, o que non hai no PP local é vergoña”

Os socialistas sinalan “que un día empeza cunha praia, outro encarga cortes de 6000 euros para cada porco , entrégalle inxentes cantidades de diñeiro á concesionaria do Arena e a vez nin se preocupa nin move fondos para os centos de parados lalinenses ou de familias que non teñen para comer, así é o modelo de vila que Crespo propón a Lalín”

Ademais os socialistas ven “putrefactas as súas declaracións poñendo a venda antes da ferida dicindo que se non se fai o CAR será porque os lalinenses emigran e non porque o PP incumpre o acordado , ten tanta desfachatez que non lembra cando prometeu ser a oitava cidade, xa nin memoria ten”

No hay comentarios:

Publicar un comentario