Manuel
González Aller e Cristóbal Fernández Vázquez, concelleiros do
Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín , ante Vde.
comparecen e
EXPOÑEN:
O proceso de
selección de persoal por parte dos sucesivos gobernos do P.P. no
concello de Lalín é unha sucesión continua e continuada de
enchufismo, de amiguismo e de falta absoluta de transparencia,
dinamitando en cada proceso selectivo os principios constitucionais
–na teoría de obrigado cumprimento- de igualdade de oportunidades,
mérito e capacidade e por suposto o principio de transparencia na
xestión pública.
O “modus
operandi” de todas estas contratacións é sempre o mesmo:
-Bases a
medida da persoa que se quere contratar (nos primeiros contratos
puntúanse exclusivamente aqueles aspectos de titulacións, de
curriculum e de cursos de formación que posúe o candidato/a e nos
posteriores puntúase moitísimo a experiencia en postos similares en
concellos da mesma categoría do de Lalín –experiencia que agora
xa teñen dos contratos anteriores- e tamén se puntúa moitísimo a
entrevista, unha entrevista que se fai a porta pechada e da que non
queda ningunha constancia nin escrita nin gravada en ningún dos
soportes que permiten as novas tecnoloxías, e que en consecuencia
ninguén pode cuestionar. Deste xeito aínda que por unha rara
coincidencia puidese presentarse alguén coa mesma experiencia ou
superior co elixido/a previamente, na entrevista puntúaselle moito
menos e xa non ten ningunha opción)
-Escurantismo
total na publicidade das convocatorias: Publícanse só nas páxinas
locais dalgún periódico (Voz ou Faro), un anuncio case invisible
polo seu pequeno tamaño, e con uns prazos de presentación de
instancias entre 3 e 5 días, en moitos casos incluso días naturais
(non hábiles), co que na maioría dos casos xa non se presentan
moitos mais candidatos cas persoas destinatarias da praza.
-Participación
nos tribunais de selección de persoal laboral do concello que xa
entrou anteriormente por ese mesmo sistema, polo que vense na obriga
de seguir colaborando para que entren as persoas que teñen que
entrar e ningunha outra teña a mais mínima opción.
O resultado
final vai a ser que toda esta xente consegue ser persoal laboral
indefinido entrando totalmente pola porta de atrás con sucesivos
contratos por obra con prorrogas totalmente ilegais como puxeron de
manifesto recentemente os informes dos propios técnicos municipais.
O proceso de
selección do persoal para o Lalín Arena está confirmando
plenamente toda esas prácticas como se puxo xa de manifesto na praza
do xerente, na que todo o pobo de Lalín puido comprobar a
existencia de reunións previas do concelleiro de deportes coa persoa
que ía a ser elixida, e como esa persoa tivo as mais altas
puntuacións no proceso, e so a súa propia renuncia pública abortou
unha elección totalmente anunciada dende un principio.
As bases das
prazas restantes, volven a estar elaboradas como todas as anteriores
como un traxe á medida para poder seleccionar á persoa sen ningún
tipo de problemas:
-Anuncios da
convocatoria de prazas nas páxinas locais perdidos nunha esquina do
periódico que dificilmente poden atoparse.
-Tempo de
presentación de instancias moi pequeño.
-Ningunha
das fases é eliminatoria (como minimo o exame teórico debería ser
eliminatorio), para garantir que o/a elixido/a non se quede no
camiño).
-A
entrevista puntúa tanto como o exame teórico
ou como a fase de concurso e nada menos có
dobre da experiencia profesional.
E no caso dos monitores choca tamén que un aspirante pode ter todos
os títulos universitarios que queira, todos os títulos nacionais de
adestrador que poida haber, todas as mestrías deportivas que poida
haber, que so obterá 3 puntos, pero na entrevista persoal pode levar
10, mais do triplo.
-A
entrevista é a porta pechada e sen que quede ningunha constancia do
seu contido, co que se anula calquera tipo de control posterior por
parte da oposición.
-E
finalmente resulta absolutamente inconcibible que no caso da praza
de monitor de natación e de docencia de actividades deportivas se
prime o intrusismo profesional admitindo como substituto da
titulación correspondente a experiencia profesional.
Por todo o
exposto, os concelleiros que subscriben solicitan desa alcaldía que
proceda á suspensión dos procesos selectivos en marcha, e á
elaboración dunhas novas bases de selección de persoal que
realmente sirvan para elixir ós e ás mellores candidatos e
candidatas, e non coma sempre para meter pola porta de atrás ós/ás
que previamente designa o seu dedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario